Rafa Casanova firmou neste mercado a súa renovación

Diario dun Mercado. Episodio 507

As novidades non paran no Diario dun Mercado e, con só tres equipos lucenses en competición actualmente, os movementos comezan a acelerar para que os cadros de xogadores collan ritmo de cara á vindeira tempada. Non só hai adestradores que collen os seus bancos, senón que hai regresos e renovacións importantes para moitos dos equipos […]

Flavio renova neste mercado co Celta Barreiros

Diario dun Mercado. Episodio 506

O Diario dun Mercado non para e cada vez son máis os equipos que fan os primeiros movementos, adiantandose a todos aqueles que se manteñen á espera do que aconteza nas promocións. O epicentro de todo o que está a pasar esta nos bancos. onde uns quedan, outros marchan e algún xa ten novo destino. […]

Juan Rodríguez, adestrador do Racing Villalbés

Diario dun mercado. Episodio 505

Comezamos este novo Diario con novidades na Terceira RFEF. O Racing Vilalbés puxo o primeiro chanzo do seu novo proxecto, e non é outro que o seu adestrador. O chantadino Juan Rodríguez renova o seu compromiso cos chairegos logo dunha primeira campaña como máximo responsable técnico que rematou con nota. Nunha campaña na que a […]

Diario dun mercado. Episodio 504

O mercado mantén un ritmo moi alto de movementos, con clubes que seguen a ser protagonistas nesta recta inicial e de novo con moita novidade na Mariña. Así, o Lourenzá incorpora ás súas filas a Jorge Alonso ‘Kun’. O extremo chega á Santa Cruz desde os xuvenís da SD Ribadeo. O Xove quere facer un […]

Diario dun mercado. Episodio 503

O contido de actualización do mercado non está a ser diario, pero practicamente. A temporada 2026/2027 xa está nas miras de moitos conxuntos, como é o caso de Bergantiños. O conxunto de Carballo renovou ao adestrador Simón Lamas para continuar co proxecto na Segunda RFEF. O de Vilalba cumprirá así a súa segunda temporada nas […]

Diario dun mercado. Episodio 502

O mercado non dá tregua, e aínda estamos no mes de maio. Os clubes que deron por finalizada a súa temporada 2025/2026 xa miran cara o vindeiro setembro, mentres que os futbolistas tamén miran polo seu futuro. Un deles é Diego López: o capitán do Racing Villalbés di adeus ao cadro chairego logo dunha vida […]

Diario dun mercado. Episodio 501

Coa fin da temporada regular comezaron os movementos do mercado. A campaña 2026/2027 comeza a asomar e tanto xogadores como clubes queren asegurar o seu futuro e afianzar os seus proxectos. É o caso do Lourenzá, que renovou ao seu adestrador Rubén Acebedo. O preparador «All Star»afronta así o seu segundo curso na Santa Cruz […]

Diario dun mercado. Episodio 499

Esta fin de semana comeza a competición regular no balompé afeccionado lucense. A Sarriana estrearase na 2ª RFEF. O Viveiro, o Racing Villalbés e o Lugo B comezarán a 3ª RFEF. O Burela e o Pol iniciarán o seu camiño no Grupo 1 da Preferente, mentres o Lemos fará o propio no sur. Tamén comezará […]

David Guitián firma polo Lemos neste mercado.

Diario dun Mercado. Episodio 498

Faltan días para que volte a acción aos campos do fútbol lucense, pero o mercado non para en ningún momento para que os equipos poidan pechar as últimas fichas dispoñibles para a vindeira tempada. Nunha nova edición do Diario dun Mercado de Futbolinlugo son varios os xogadores que atopan destino nos últimos días, mentres que […]

Diario dun mercado. Episodio 497

Mantense vivo o mercado na provincia antes do comezo das competicións. De feito, en categorías que se atopan a piques de comezar aínda hai moitas novidades. É o caso da Segunda RFEF: a recén ascendida Sarriana suple a baixa do defensor Tomás Susavila por medio da cesión do lateral esquerdo Tomás Berardozzi, que chega desde […]

Goleta volve ao Monterroso neste mercado

Diario dun Mercado. Episodio 496

O mercado de fichaxes do fútbol lucense continúa o seu rumbo de cara á próxima tempada, xa cada vez máis próxima debido a que a comezos de setembro arrincan as ligas da nosa provincia. Nun novo episodio do Diario dun Mercado de Futbolinlugo, repasamos os movementos de maior actualidade dentro dos nosos marcos. Movementos nas […]

Rui de Freitas, novo xogador do Pol B neste mercado

Diario dun Mercado. Episodio 495

O mercado continúa o seu rumbo ao longo destes días e iso provoca que o Diario dun Mercado de Futbolinlugo estea a só cinco episodios de alcanzar o medio millar de episodios, o que será un fito histórico para nós. Nesta ocasión, o fútbol lucense quere pechar máis cadros de xogadores con movementos que aproximan […]

Iago Rodríguez firma polo Pol B neste mercado

Diario dun Mercado. Episodio 494

No festivo con máis festas de Galicia, o mercado tamén quere ter a súa propia con novidades que fan que o fútbol lucense estea cada vez máis preto de pechar os seus movementos. A nova edición do Diario dun Mercado de Futbolinlugo trae grandes fichaxes por toda a provincia por parte de proxectos que cada […]

Diario dun mercado. Episodio 493

No día do noso décimo aniversario non podiamos pasar a oportunidade de traer as últimas novidades no mercado do fútbol lucense. Comezamos con novidades no fútbol feminino. María Jesús Mosteiro ‘Chusa‘ continuará gardando a portería do Carballedo unha temporada máis. A veterá xogadora é a única da provincia que participou en dous All Star Futbolinlugo […]

Stalin renova co Corgo neste mercado

Diario dun Mercado. Episodio 492

O mercado continúa a dar novidades ao longo e ancho da provincia con moitos equipos próximos a rematar os seus cadros de cara a unha vindeira tempada que promete darnos grandes emocións aos afeccionados ao fútbol lucense. Nunha nova edición do Diario dun Mercado de Futbolinlugo, temos renovacións e fichaxes de gran impacto para o […]

Candela Otero sobe neste mercado de categoría

Diario dun Mercado. Episodio 491

O mercado xa se encontra no comezo da súa recta final debido a que a gran maioría dos equipos da provincia xa comezaron a adestrar. Aínda así, os movementos son numerosos e é por iso que atopamos unha nova edición dentro do Diario dun Mercado de Futbolinlugo. O fútbol feminino pesca no fútbol lucense para […]

O mercado pon un novo corpo técnico en Quiroga

Diario dun Mercado. Episodio 490

O mercado abre o mes de agosto con gran parte dos equipos na véspera de que a gran maioria dos equipos da provincia comecen a pretempada. A nova edición do  Diario dun Mercado de Futbolinlugo continúa a dar os últimos retoques para moitos dos clubes lucenses, ademais de perfilar os cadros técnicos que van apoiar […]

Santi volveu ao Ribadeo neste mercado

Diario dun Mercado. Episodio 489

Unha xornada máis na que o mercado deixa a todo o fútbol lucense estupefacto con movementos inesperados e grandes sorpresas. A última edición do mes de xullo do Diario dun Mercado de Futbolinlugo trae grandes nomes que deciden voltar aos campos de fútbol da nosa provincia. Todo mesturado con grandes fichaxes e renovacións que comenzan […]

Tupac renova neste mercado co Roupar

Diario dun Mercado. Episodio 488

O mercado está na súa recta final co inicio das pretempadas en moitos dos equipos do fútbol lucense. A falta de 12 episodios para que o Diario dun Mercado de Futbolinlugo alcance o medio millar de edicións, un fito histórico. Nesta ocasión, os bancos da Primeira Futgal xa están ocupados, as retiradas e os regresos […]