Hoxe non contamos con novidades en Terceira. Porén, o resto das categorías si que protagonizaron unha gran cantidade de movementos. Comezamos, como habitualmente, por arriba, a Preferente Norte. Nela, Josema volve ao Castro tras abandonar a portería do Atlético Escairón. Tamén serán xogadores vermellos Javi Fraga, Hugo Buide, Alberto Rey e Dumi.
En canto á Primeira Autonómica. A SD Páramo continúa co capíduo de renovacións, confirmando as de Hugo Fontal e Brais. Asemade, Cristian e Adri serán baixa na SD Chantada por motivos laborales.
A categoría que máis novas fresquiñas trae é a Segunda Galicia. Nela, Andrés (ex-xogador do Sagrado Corazón) converteuse no segundo adestrador do San Lázaro, para axudar a Ángel Merino. O Valadouro anunciou múltiples renovacións: Tomás, Álvaro, Pedro, Roberto, Andrés Guijarro, Óscar, Luis Varela… e os dous adestradores -«Kabe» e -.
O Monterroso «B», pola súa banda, anunciou os seus amistosos de pretemporada. Estrearánse o 12 de agosto ante o Lemos «B», para xogar despois contra Relámpago Taboada e Taboada «B» os días 14 e 16, respectivamente. O día 24 mediránse á SD Chantada «B», o 29 ao Cogal Rodeiro e poñerán fin á pretemporada o 1 de setembro ante a SD Antas.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)
Xa na Terceira Autonómica, o CD Guntín firmou a Iván López e a Yelco, ex do Páramo. Por último, o Carballedo CF de fútbol feminino xa conta con 19 xogadoras. A última en incorporarse, Viviana Montzerrat.