#Feminino #Fútbol afeccionado #Preferente Futgal #Primeira Futgal #Segunda Futgal #Terceira Futgal #Terceira RFEF

Diario dun mercado. Episodio 71

Este mercado de fichaxes non para. Nin sequera en domingo. Hoxe, Futbolinlugo chega con importantes e sorprendentes (algunhas, moito) novas. Comezando pola Terceira División, na que o CD Lugo «B» demostrou que confía no cadro de xogadores que acadou o ascenso na 2017/2018, renovando á meirande parte deles.Xa na Preferente Norte, a SD Sarriana anunciou a fichaxe de Juanjo, polivalente xogador que ven de rematar a súa etapa no fútbol base no Racing Villalbés, e con pasado no CD Lugo.

Sergio Arias foi o máximo goleador da temporada 2017/2018 no Racing Vilalbés con 13 goles. Foto: Carlos Castro

Na categoría inmediatamente inferior, a Primeira Galicia, o Riotorto CF renovou a Parapar, Lourido, Pablo Ruiz, Peque, Pedro Díaz, Neira, David Silva, Iago Dorado, Christian, Kevin, Fran Pastor, Play, Alberte e Jorge, ademáis de incorporar como fichaxes a Manolo, Felipe Varela, Dani Díaz, Gabi e Yoel. Tamén outro equipo da Primeira Galicia é noticia, xa que Rasilla cambiará a Residencia pola SD Páramo, clube que confirmou a continuidade dos irmáns Diego Gómez «Dieguito» e Roberto Gómez «Robertito».

Pero a gran noticia do día é a fichaxe de Sergio Arias, ata agora dianteiro no Racing Villalbés (e con moito protagonismo, xa que ninguén na Terra Chá esquecerá o gol que lle endosou ao Atlético Levante) polo equipo da súa vila, o Portomarín FC da Segunda Galicia. O xogador -gandeiro de profesión- , ademáis de Racing Villalbés, vestiu as camisolas de CD Lugo ou As Pontes, entre otros.

Igualmente desde a vila do encoro chegan as novas de renovación de Víctor Conde, Diego Regueira, Dani Lombardía e Iglesias, e as fichaxes de Alex, Nel e Fabio. Tamén na Segunda Galicia, o Incio Terra Brava incorpora ás súas filas a Diego Gayoso, procedente do AD Bóveda. Avanzando cara o norte da provincia, atopámonos coa renovación de Xián Paz Díaz no Mondoñedo.



Por último, no que atinxe ao fútbol feminino, o Carballedo confirmou a súa sexta incorporación, Noelia Pereira.

Diario dun mercado. Episodio 71

Diario dun mercado. Episodio 70

Diario dun mercado. Episodio 71

Diario dun Mercado. Episodio 72

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *