Hai días que non deberían existir no calendario. O fútbol provincial está de loito polo falecemento tráxico de dous futbolistas da SD Chantada Xuvenil. Dende aquí queremos trasladar todo o noso apoio ao club, familiares e amigos.
Faise difícil escribir en momentos así e, aínda por riba, contar esa información que dende Futbolinlugo sempre tentamos facer dun xeito fresco e alegre. Con todo, cumprimos coa nosa función e relatamos o estado do mercado do balompé lucense.
Comezamos na Primeira Rexional para falar de continuidade. O central Antonio Martínez ‘Toni’ segue no Monterroso para poñer en valor a xeración do 2002 e continuar medrando no equipo da súa vila.
Pola súa banda, Jorge Insua renova no Xove. O atacante viveirense vivirá a terceira tempada no club; desta volta co seu ex compañeiro Pelayo aos mandos.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)
Ademais Jorge Novo e Diego Lozano farán a pretemporada co Burela. Ambos xogadores forman parte do xuvenil do cadro verde.
Xa na Segunda Rexional, o vixente campión de Copa, o Paradela mantén o bloque do equipo que conseguiu realizar unha imborrable temporada 22/23. A maiores incorporan a Luis procedente da Residencia e ao centrocampista Javi que chega dende o Lemos B.
No Palas anunciaron a renovación de tres da xeración do 99. O defensa do Carballal Adrián Viña, o defensa de Ludeiro (Antas) Martín Portomeñe ‘Porto’ e o centrocampista do Bispo (Monterroso) Óscar Montalbán ‘Monti’.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2025/01/resolucionconcorrenciadeputacion1.gif)
Pola súa parte, no Brollón vai seguir Adrián Castañer. Recén chegado dende o Verbena Fest de Sarria da man do grupo Malenne, o monfortino continúa no club ao que chegou para desputar a segunda volta procedente do Club Lemos.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2023/08/LEMOS-CASTANER.jpg)
Na Terceira Rexional, Manuel Blanco regresa ao Goiriz para xogar no equipo da súa parroquia. Vén de militar nos veteráns do Montouto e incorpórase tamén a directiva do club.
Bernardo Ramos ‘Berny’ mantén o seu compromiso co Páramo. Ademais de ser porteiro tamén exercerá como preparador de gardamallas no club.
Tras a renovación de Richard e Dani, o Castroverde anuncia a continuidade de Gelo.
Na Segunda Galicia de futfem, a dianteira ourensá Diana Picos ficha na SD Chantada. A atacante vén de xogar en dúas etapas no Carballedo cun paso intermedio pola SD Bandeira. Na Terceira Galicia, de nova creación, o San Lázaro vai seguir contando con Luanda e Euke.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/12/senmas3.jpg)