O Episodio 381 comeza con novas nos equipos de Chantada. O gardameta Anxo Sampayo, así como Miguel Pérez continúan un ano máis no Chantada Atlético. A SD Chantada asinou ao dianteiro Gabri, procedente do Antas. Anteriormente militou no Taboada e nas categorías inferiores de CD Lugo e Racing Vilalbés. No conxunto feminino da SD en Segunda Galicia renovan Rocío Carnero, Laura Carnero e e Saray. No Monterroso renova o gardameta Rubén Rivas.
En Segunda Galicia, o Cospeito renova ao porteiro Alberto, ao central Permuy e ao extremo Ferreiro. Moitas novas no Carballedo. Pupas e Víctor continuan unha temporada máis no Catro Ventos e Dani Guerra retorna ao club co que xa acadou o ascenso a segunda fai un ano. Tamén chega un reforzo para a portería. Trátase de Víctor, que militou as últimas temporadas no Ferreira.
O Cabreiros asina a Sergio Díaz, lateral que rematou a súa etapa formativa no Racing Vilalbés. Os veciños do Xermade renovan unha campaña máis ao capitán Esteban.
O Goiriz contará este ano con Raúl que estivo ausente do club por lesión. O Páramo asina ao xove Mario Platas.
Na Terceira Galicia feminina a lateral Camila Morena continua no Monteforte.