#Fútbol afeccionado #Primeira Futgal #Segunda Futgal #Terceira Futgal

Diario dun mercado. Episodio 326

De novo, o mercado agochaba sorpresas para a recta final do verán. Por exemplo, na Primeira. Dapo, lucense de adopción, deixa o Ribadeo para incorporarse á disciplina do Pol, co que xa adestrou esta semana. Ademais, La Voz de Galicia apuntou que Armesto será novo futbolista do Atlético Escairón, mentres que o mediapunta Jordi chega ao Acebreiro desde o San Roque.

Tamén hai novidades na Segunda: o Brollón renova ao All-Star Pablo e ao atacante Hugo. E na Terceira Galicia, o Palas continúa co seu proxecto para ascender: renovan Brais e Samu; volve Lucas; e Adri e Samuel soben desde os xuvenís.

Por último, o Friol ‘B’ cambia boa parte do seu cadro e incorpora a Pablo, Adri Sánchez, Jorge, Susito, Bayron, André e Bryan.



Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *