#Fútbol afeccionado #Primeira Futgal #Segunda Futgal #Terceira Futgal

Diario dun mercado. Episodio 311

Iniciamos hoxe este Diario dun mercado na Primeira Galicia, onde coñecemos ata catro baixas nun dos clásicos da provincia. Charli, Gabri, Samu e Chile non continúan no Xove Lago.

Na Segunda Galicia temos máis baixas no Goiriz. Ás xa anunciadas de Alfonso e Álex Muñiz, únense as de Luis Oleiros, Luisiño, Ciganda, Josiño e Diego Barro. Regresa ao equipo vilalbés Santi Jorquera, ademais das incorporacións de Niko Santomé e Álex Pardo. Por Folgueiro, chegan as altas do lateral Iván Galdo (SD Viveiro) e o mediocentro Álex Vieira.

Pola súa parte, o Brollón reforza a súa defensa con Chivi. Xogador procedente do Bóveda e que, con anterioridade, militou en distintos equipos da base do Calasancio. Por Becerreá seguirá Javi Gómez de segundo adestrador. E na base vermella, Ruchi. O xogador da Sarriana segue así ligado unha campaña máis ao seu querido club da Montaña.

O Friol A sobe a Pana do seu filial e renova por unha temporada a Manuel, Brais, Cobas, Boado, Marcos, Adrián, Jesús, Larpy, Rafa Casanova, Miguel, Portela, Aitor, Alberto, Bruno e Isaac.



Baixamos xa á Terceira Galicia, onde o Mondoñedo suma a Alberto a filas. Así mesmo, o Friol B fichou a Fernando e renovou a Adrián, Arias, Casanova, Dorado, Manu, Róber, Roca, Unai, Álex, Juan, Piñeirín, Máikel, Fernández, Canaina e Telmo.

Un apuntamento máis antes de despedirnos. O PM Friol incorpora á xogadora arxentina Sofía Schell. Unha defensora experimentada e con carácter que xogou co Córdoba en Reto Iberdrola e posteriormente no La Solana FF, club do que procede.



Diario dun mercado. Episodio 311

II Xornadas Futbolinlugo: Óscar Gilsanz

Diario dun mercado. Episodio 311

Diario dun mercado. Episodio 312

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *