#Fútbol afeccionado #Feminino #Fútbol Base #Preferente Futgal #Primeira Futgal #Segunda Futgal #Segunda RFEF #Terceira Futgal #Terceira RFEF #Xuvenís

Diario dun mercado. Episodio 295

O diario está a honrar ao seu nome nas últimas datas: é diario. Os movementos do mercado non paran. Por exemplo, o Polvorín da Segunda RFEF confirmou o que xa anunciamos na última entrega: Iago Parga e Iago Novo volven ao conxunto albivermello. Ademais, Non Vale Furar adiantou que o filial do CD Lugo podería facerse cos servizos do burelao Julio Delgado.

Na Terceira RFEF, o extremo do Pol Alvaro Herrero xa non irá a proba ao Manuel Candocia, senón que podería incorporarse directamente ao Somozas con ficha sub-23, tal e como indicaron tamén os amigos de NVF. Pola súa banda, o Viveiro incorpora en calidade de cedido ao senegalés Laye Barro, que chega desde o Ourense CF. Juan López renova en Cantarrana.

Precisamente desde Viveiro chega o lateral Agus Pereira á Sarriana, que continúa a armar un proxecto poderoso na Preferente. Na Primeira, o All Star Anxo Otero renova no Chantada Atlético, mentres que Guiti e Hugo Listón tamén seguirán no Sangoñedo, pero coa camisola da SD Chantada. O Atlético Escairón fixo oficial a volta de Javier Montoto ao banquiño do Saviñao, e o Pol renovou a xogadores importantes como Adri Rivas, Pablo Ruiz, Nadir, Nathan e Iván González.

Aínda na Primeira Galicia, o Santaballés confirmou os integrantes do seu corpo técnico: Víctor Rodríguez será axudado por Borja Bouza (2º adestrador) e Jose Antonio (adestrador de porteiros). O campión de copa, o Outeiro de Rei, alongou o seu compromiso con Diego Revuelta, Pedrinho, Aarón Alvelo e Alberto Pacio.



Nerea renova no PM Friol.

Na Segunda, o Cospeito incorpora a Álex Rábade, mediocentro habitual do equipo que levaba un ano parado. Pola contra, terá a baixa dun dos capitáns, Rus. O atacante de Goá deixa o equipo e xogará só ao fútbol sala na 22/23. Na Terceira, o Mondoñedo renovou a Jaco e Álex Gacio, e fichou a Diego.

No fútbol feminino, o PM Friol fixo oficial a renovación da chantadina Nerea Rodríguez, unha gran noticia para o clube que suporá a quinta temporada da defensora defendendo o escudo friolense. Por último, coñecimos da man de El Progreso a fichaxe de Azael García polo equipo xuvenil do Valencia CF, onde dará un paso máis para converterse en futbolista profesional logo de pasar pola base do CD Lugo, Racing Villalbés e Celta de Vigo.



Diario dun mercado. Episodio 295

Diario dun mercado. Episodio 293

Diario dun mercado. Episodio 295

Diario dun mercado. Episodio 296

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *