#Fútbol afeccionado #Fútbol Base #Preferente Futgal #Primeira Futgal #Segunda Futgal #Terceira Futgal #Terceira RFEF

Diario dun mercado. Episodio 29

O mercado continúa sen baixar o seu nivel de movementos. Na Terceira División, Adrián Gómez deixa de ser o adestrador de porteiros do Racing Vilalbés por motivos persoais. Ademais o mediocentro David García que formou parte do conxunto de Óscar Gilsanz na última temporada xogará o vindeiro curso no Laracha, un dos equipos recén ascendidos á cuarta categoría do fútbol español.

Álvaro Palas participou en 24 partidos na última campaña na Preferente

Pola súa banda, na Preferente, o Outeiro reforza a banda esquerda con Álvaro Barreiro «Palas» procedente do Lugo B. Ademais o corpo técnico encabezado por Juan Peón contará con Antonio Abad como preparador físico, despois dos seus anos de experiencia na Residencia e no CD Lugo. A nova Sarriana de Julio Corral na Primeira Galicia comunicou a renovación de Saul, Diego, Luisma, Bryan e Carnero. Dende o club afirman que faltan aínda máis renovacións por anunciar que se comunicarán proximamente.

Na Segunda Galicia, o Mondoñedo FC renovou a maior parte do seu cadro de xogadores, en total 20 futbolistas que seguirán ás ordes de Israel. Son os seguintes: Aadil Malloul, Adrián Alfonso, Alejandro Gacio, Iban Basanta, Christian Cornide, Denis Oseira, Iago Barreira, Jacobo Mondo, Jesús Maseda, Jose De La Vega, Juan López, Lucas Gómez, Miguel Ángel Lorigados, Ros Sixto, Alberto Lorenzo, Marcos Barreira, Xian Paz, Fabian, Noceda e Vázquez.

Fran procede das categorías base do CD Lugo onde estivo os últimos seis anos

Na Terceira Galicia, Suso Vázquez non repetirá como adestrador no segundo ano de vida do Fonsagrada FC. Tampouco segue o seu axudante, Pablo Castro.



No fútbol base, Fran Fernández é novo técnico da estrutura deportiva da ADC Sagrado Corazón. O preparador lucense asina por unha tempada na que dirixirá a un equipo de fútbol 11, outro de fútbol 8, será técnico de apoio noutras categorías e traballará tamén cos gardamallas do club.

Diario dun mercado. Episodio 29

Diario dun mercado. Episodio 28

Diario dun mercado. Episodio 29

Diario dun mercado. Episodio 30

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *