Onte deitabámonos cunha sorpresa. Unha desas á altura dos grandes diarios madrileños e cataláns. O Xove Lago anunciaba no seu Twitter a Luis Varela coma novo xogador do clube (unha hora despois de que nós o désemos por feito). Pois ben, o futbolista rematou o día coma incorporación do Viveiro de Preferente. Semella que as ganas de volver á casa, unido ao ofrecemento de dirixir a un equipo da base celeste; fixeron ao xogador cambiar de idea. E de aires.

Precisamente chegaban máis novedades dende Xove, xa que nos indicaron que batiraán récords de equipos. Na campaña 17-18 terán conxunto en tódalas categorías agás na alevín. De feito, Bruno Gómez será o encargado de levar os xuvenís. O resto do staff técnico coñecerase nos vindeiros días. Non moi lonxe de alí, o Mondoñedo aseguraba a continuidade do seu adestrador unha tempada máis. Israel seguirá á fronte da escadra branquiazul.

Ademais, o Becerreá comeza a tomar forma. Once futbolistas continuarán na Montaña: Alberto Pacio, Álex, López, Rubén, Rubianes, Javi Río, Palleiro, Jesús, Titi, Kevin e Alberto ‘Común’. No entanto, Reija, Diego, Santín, Miguilla e Xairo causan baixa; así coma Nico, que se pasa ao banquiño. Por último, Tichu deixa o Castro. O seu próximo destino semella ser Ribadeo, aínda que non é oficial polo momento.

Comparte
               

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*