#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal #Primeira Futgal #Segunda Futgal #Terceira Futgal #Terceira RFEF

Diario dun mercado. Episodio 275

Non pasaron nin 24 horas e xa estamos dando de novo a turra. A redacción bota fume. Neste Diario dun mercado traemos novidades tanto de xogadores como adestradores en diversas categorías.

Comezamos pola Terceira División onde o Racing Villalbés comunicou unha baixa máis que notable. O defensa Jorge Tomé, un dos líderes da zaga chairega, deixa a disciplina dos de Simón Lamas. No entanto, na Preferente toca falar de renovacións. Son os casos de Andrés e Xairo, que seguirán un ano máis polo Pepe Barrera de Ribadeo.

Lourido, lenda meirega

Xa na Primeira, podemos adiantar a baixa do histórico dianteiro Rubén Pardo. E non será a única por Pol, xa que polo novo Municipal apunta a revolución no cadro de xogadores.

Na Segunda, van ter novo adestrador polo Candelaria. O club mariñán quedará ás ordes de Abel Eijo, autor do último dobrete do Burela. Onde non hai novidade é en Guntín. Hugo Vázquez renova unha campaña máis no Ladairo.



Asier, capitán do Santa Comba

No tocante a xogadores, o Meira anunciou a continuidade do meta Juanmy e os defensas Mateo, Juli, Lourido, Iago, Pirata e Xuster. O San Roque sobe ao primeiro equipo ao zagueiro Nico Becerra e ao extremo e capitán Marcos Lombardero, procedentes do xuvenil de Liga Galega do EF Polvorín.

Por último, na Terceira, o Santa Comba de Merino apunta a ser un dos claros candidatos ao ascenso. Renovou á súa columna vertebral: Jorge, Reija, Ramón, Jaime, Gonzalo, Fino, Brian e Alvarito así como ao capitán Asier.



Diario dun mercado. Episodio 275

O Lugo e o Antas xogarán a

Diario dun mercado. Episodio 275

O Iberia e o Becerreá xogarán unha

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *