O Lugo e o Antas xogarán a final da Copa

Ambos conxuntos de Primeira mediranse polo título copeiro na Ribela

Xa temos finalistas da XXXVIII Copa Deputación. O Antas e o Lugo xogarán a gran final este próximo domingo na Ribela.

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza

O cadro de Dani Abelairas e Noe Pires partía como o gran favorito no Catro Ventos. Porén, o Carballedo quedouse preto da machada. A posesión foi sempre para o Antas ante un cadro local que xerou perigo ao contragolpe. De feito, nunha das primeiras aproximacións do partido; Diana Picos adiantaba ás de Iban Crespo. Xusto antes do descanso, as visitantes devolvían a igualada ao marcador tras aproveitar un erro defensivo do cadro rosa.

Santiso foi a xogadora máis destacada no triunfo do Antas
Deportes Élide

Na reanudación, o Carballedo tivo o segundo gol a punto de caramelo. As de Ibán Crespo fallaron a portería baleira. E como quen perdoa, a acaba pagando… A continuación, o Antas aproveito unha serie de rexeites para poñer o 1-2 no marcador. Nos últimos cinco minutos, as locais tentárono en dúas accións a balón parado. Pero o gol caeu de novo do lado do Antas, nun saque desde o curruncho.

Na outra semifinal tamén houbo máis emoción da inicialmente prevista. O inicio resultou o agardado. Dominio total e ocasións para o Lugo ante unha Milagrosa que se encomendou á súa meta Lara, que fixo un partido maiúsculo. A pelota non quixo entrar en toda a primeira metade.

E case que tamén en toda a segunda. De feito, o cadro de Héctor foise crecendo co paso dos minutos e o marcador igualado. Chegando incluso a coquetear coa sorpresa da xornada. No desconto, emerxeu a figura de María. Dobrete e o agardado pase para a final para un Lugo, que sufriu moito máis do que establecía o guion.

Resultados da xornada

Carballedo 1-3 Antas

Milagrosa 0-2 CD Lugo

Sarria, dobre sede para as finais de Copa

A gran final entre Antas e CD Lugo celebrarase este domingo no campo da Ribela de Sarria. O encontro comezará ás 17.30 horas e abrirá unha tarde de fútbol que se completará co Becerreá-Iberia. Esta final da Copa de Segunda e Terceira Galicia terá lugar ás 19.30 horas.

Foto principal: La Voz de Galicia

Imagen por defecto
Diego Díaz Martínez

Un enfermo do fútbol lucense. Adestrador Nivel-3 UEFA PRO

Artículos: 860

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.