#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal #Segunda Futgal #Terceira RFEF

Diario dun mercado. Episodio 271

O Diario dun mercado non dá tregua algunha. E aquí estamos cun novo episodio menos de 24 horas despois do anterior.

Hoxe, La Voz de Galicia apuntaba o interese do Lemos en Josito Jul, o actual preparador do Riotorto. Porén, non sería a única opción que manexa o club monfortino. Mentres o preparador de Friol anda a conformar o seu equipo de traballo, a outra opción para o banco da Pinguela sondea posibles fichaxes para o cadro de xogadores. Trátase do sarrián David Páez, que asinou a permanencia do Viveiro esta temporada. Veremos cal dos dous é o elixido para o ano do centenario do Lemos.

David Páez

O resto de noticias chegan dende categorías superiores. O defensor Iago Parga non seguirá no Bergantiños nunha xornada de continuidades. O Racing Villalbés renovou ao goleador Fernando Cuadrado e ao lateral esquerdo David Buyo.

Pola súa banda, o chairego Kiko denfederá a casaca do Somozas unha campaña máis mentres que o monfortino Iago López fará o propio coa do Barco. Ámbolos dous xogadores cumprirán a súa segunda temporada nos seus respectivos equipos.



Por último, un apunte de Segunda Galicia. Hoxe coñecemos dúas novas baixas na Comercial de Andrés Rodríguez. Trátase do centrocampista Álex e o extremo Yago. O resto do bloque que logrou o ascenso mantense á espera de catro ou cinco incorporacións para reforzar o equipo.

Diario dun mercado. Episodio 271

Diario dun mercado. Episodio 270

Diario dun mercado. Episodio 271

O Antas e a Milagrosa selan o

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *