#Fútbol afeccionado #Segunda Futgal #Terceira Futgal

Diario dun mercado. Episodio 265

Hoxe toca un Diario dun mercado de despedidas. En concreto de adeuses de adestradores. O formato competitivo da pandemia está causando estragos no gremio dos directores de orquestra. Moi especialmente na nosa Segunda Galicia.

Perry

Ángel Merino non segue á fronte do Matela. De feito, xa non vai dirixir ao equipo na Copa. O mesmo sucede polo Páramo, onde Santi xa se despediu do club das Rapadas. E tamén por Barreiros, onde Devesa (O Pelolo) puxo punto e final á súa etapa no Cascabeiro.

Ángel Merino

O que si estará na Copa é Julio Castro co Mondoñedo. Xogará os dezaseisavos do torneo do KO ante o Castro B de Isaac Rouco. O seu adeus será ao remate do curso futbolístico.

Por último, Perry pecha o seu ciclo no Lemos B co ascenso a Segunda Galicia. O banco da Pinguela busca novo inquilino. Pero por agora, toca unha de Copa con Perry!



Diario dun mercado. Episodio 265

O Sanci consegue o ascenso e ao

Diario dun mercado. Episodio 265

O partido da xornada . . .

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *