A semana do inicio do curso escolar, tamén é a do comezo da tempada na 3ª RFEF. Porén, o fútbol con representación lucense xa arrincou esta finde. O PM Friol estreouse con vitoria na Primeira Nacional na súa visita ao Gijón FF.
A fin de semana do 19 será a quenda do inicio da Preferente. O último club en anunciar unha incorporación foi a Sarriana. O cado preparado por Edu Rodríguez incorpora a Fabián Tourón. O canteirán da Ribela xogou no Racing Villalbés xuvenil na súa última etapa.
Na Primeira Rexional, o Castro incorpora a súa estrutura a Abella. O cadro vermello prepara unha estrea ao grande este próximo sábado ás 18h. Xoga diante da súa afección un encontro amigable ante o Ribadeo. Ademais realizará a presentación das categorías inferiores acompañada dalgunha sorpresa no propio Arturo Pereiro que dará que falar.
Na Segunda, o Muimenta continúa perfilando o seu proxecto continuista no Pichón. Tanto Cancio como Javier Noche continuarán defendendo os paus do cadro chairego.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)
No fútbol feminino, salienta a confección do equipo do Antas. Anunciou a renovación de Paula Santiso e a chegada de Mery, procedente do CD Lugo.