#Cadetes #Fútbol afeccionado #Fútbol Base #Infantís #Preferente Futgal #Primeira Futgal #Segunda Futgal #Terceira Futgal

Diario dun mercado. Episodio 25

Arranca a primeira semana de xullo con máis novidades no noso mercado. Fichaxes e renovacións no centro da provincia, xunto con novos inicios de pretemporadas que xa se confirman. Ademais, un cambio de presidente nun dos equipos revelacións desta temporada.

Omar participou en 32 partidos, todos como titular e marcou 10 goles na Terceira

Na Preferente Norte continúan as novidades no Castro. Un dos seus xogadores máis destacados, Omar, renovou por unha temporada máis. Tamén incorporan ao extremo Javi Fraga procedente do Lugo B e ao central Iván López Barrio que vén dende o Calasancio. O club tamén anunciou que o mediocentro do Polvorín Iván González Pereira fará a pretemporada co conxunto vermello. Pola súa banda, Óscar López é o novo presidente do Atlético Escairón despois de ser elixido na asamblea do pasado venres.

Na Primeira Galicia, o Páramo ficha a Brais porteiro que procede do Friol. Ademais o conxunto adestrado por Piru inciará a pretemporada o 26 de xullo. E xa ten confirmados os primeiros partidos amistosos. O 2 de agosto xogarán nas Rapadas ante o Castro e 0 19 de agosto ante o Oural, nun campo aínda por confirmar.

Manuel Couso segue a fronte da Mila despois dunha temporada complicada na que o equipo descendeu á Segunda

Na Segunda Galicia, a Milagrosa seguirá tendo como inquilino do banco a Manuel Couso. A dirección deportiva do equipo traballa xa na confección dun cadro de xogadores no que xa saben que non van seguir Alberte, Rive, Diego Redondo e Álex. Na mesma categoría, Fran Veiga non continuará como míster do Castroverde. O conxunto verde ten este mércores unha asamblea na que se definirá como queda a composición interna do club.



Na Terceira Galicia grupo sur, o Incio comunicou a súa primeira incorporación. O medio centro Abderramán xogará no conxunto amarelo o vindeiro curso despois do seu pasado polo equipo xuvenil da Sarriana. Ademais Orlando López seguirá marcando goles, o dianteiro renovou por unha campaña despois de anotar 15 tantos no curso que vén de rematar.

E en canto ao inicio das pretemporadas temos dúas confirmación máis. O Ourol comezará a adestrar o 27 de xullo e o Celeiro faráo o 2 de agosto.

Con respecto ao fútbol base, Caballero será o adestrador do EF Polvorín tanto do equipo Infantil como do Cadete A.



Diario dun mercado. Episodio 25

Diario dun mercado. Episodio 24

Diario dun mercado. Episodio 25

Diario dun mercado. Episodio 26

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *