#Fútbol afeccionado #Feminino #Fútbol Base #Preferente Futgal #Primeira Futgal #Segunda Futgal #Terceira Futgal

Diario dun mercado. Episodio 243

Félix, Escairón

Chega un novo día de movementos na nosa provincia. E a primeira novidade vén desde un concello que leva varias semanas sendo protagonista: Friol. Nel, o conxunto feminino que pelexará polo ascenso á Segunda División, o PM Friol, anunciou a renovación da chantadina Nerea Rodríguez, xogadora que alterna o primeiro e o segundo equipo das da Reigosa.

No fútbol masculino, o Atlético Escairón continúa a reforzarse logo da súa renuncia a xogar na 20/21. Neste caso, La Voz de Lemos adiantou a fichaxe de Quiroguita polos do Saviñao, onde tamén renova Félix. Na Primeira Galicia, o CD Alfoz voltará aos adestramentos o venres 27. A partires de aí, xogará un total de catro amistosos en setembro: Ribadeo xuvenil (11/09), Xove Lago (19/09), Burela (24/09) e San Ciprias (26/09).

IMAXE: Facebook Siareiros CD Alfoz

Na Segunda Autonómica, Adri García abandona o campo e pasa a ser auxiliar e adestrador de porteiros do Quiroga de Ruboi. Máis ao norte, na capital, Roberto e Dani Cabarcos serán os porteiros da SCD Milagrosa no retorno dos de Frigsa á categoría. Ambos saben xa o que é defender a elástica albivermella. Na Terceira, Iban Lagoa faise cargo do apartado técnico do Sober.

Por último, cómpre falar do fútbol base. A Piringalla incorpora ao colexiado Fernando Díaz ao seu staff técnico, mentres que Peña será o novo adestrador do Sporting Pontenova xuvenil.

Diario dun mercado. Episodio 243

Diario dun mercado. Episodio 242

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *