#Fútbol afeccionado #Primeira Futgal #Segunda Futgal #Terceira Futgal #Terceira RFEF

Diario dun mercado. Episodio 186

Os equipos lucenses da Terceira xa coñecen a proposta da Real Federación Galega de Fútbol sobre a división da categoría. A idea sería crear dous subgrupos seguindo criterios xeográficos. Se finalmente se leva a cabo, o Racing Vilalbés, o Polvorín e o Viveiro competirían xuntos. Á espera de como se aplicará definitivamente este criterio, os conxuntos seguen coa súa planificación. O Polvorín é do que menos detalles se coñecen de cara a tempada que vén. A expensas de que se comuniquen chegadas, segundo a conta de twitter @infutbolgalicia, o mediapunta canario Rayco Rodríguez non continuará na estrutura do CD Lugo. O equipo lucense da Segunda División comezará este xoves a pretemporada. Para as sesións de adestramento do equipo preparado por Juanfran están chamados varios xogadores do filial. Os gardamallas Ángel Fraga e Julen Fernández, Antón Quindimil, Matías Vesprini, Dani Vidal, Manu Núñez, Álex Rey, Óscar Castellano ‘Chiqui’ ou Morais. Algúns deles xa contan con minutos de experiencia no primeiro equipo.

O lucense Pedro López tamén está citado para iniciar a pretemporada co CD Lugo logo da súa cesión no Unionistas

Fóra das nosas fronteiras, continúa o periplo de Iñaki Fernández pola terceira cántabra. Ficha nun histórico. O lateral de Sarria é novo xogador da Gimnástica de Torrelavega. Aos seus 21 anos xa militou no Tropezón, no Santillana, no Rinconeda Polanco e na última temporada no CD Barquereño. Co equipo de San Vicente de la Barquera chegou a xogar a 1ª eliminatoria da Copa do Rei. No seu momento contara a Futbolinlugo as súas sensacións e experiencia. 

Na Preferente, o Ribadeo segue construíndo o seu proxecto ao mesmo tempo que se asenta a nova directiva. Segundo La Voz de Galicia, Carrera, Hugo, Coki, Isma, Cube, David, Santi, Poratti, Dego Hermida e Criss renovan no cadro celeste. Xa na Primeira Rexional, Adrián Antas renova no Monterroso. Dende o club destacan a súa veteranía, a visión de xogo e o liderado dun xogador que retornou o ano pasado ao equipo do seu pobo procedente do Club Lemos.

Baixamos de categoría, pero non cambiamos de comarca. O Palas anuncia a renovación dos defensas Asi e Viña. O conxunto da Ulloa comunicou polo momento a renovación de oito dos seus futbolistas que na vindeira campaña seguirán as ordes de Karanka. No papel de publicar as fichaxes está o Celeiro. O cadro da 3ª Rexional xa suma tres incoporacións. Alexis ficha procedente do Alfoz e despois de formarse no CD Foz. Bruno Ramil ‘Brunito’ vivirá a súa primeira campaña no fútbol sénior; xa que procede do xuvenil do Viveiro. Estas dúas fichaxes súmanse a xa anunciada chegada de Mora.



Pola súa banda, a Comercial contará cun novo tándem no banco. Andrés Rodríguez chega ao equipo masculino e formará parella de técnicos con Roberto. No tocante aos xogadores o equipo seguirá contando cos porteiros Pablo Mesa e Joel Rois; Lucas de las Heras, Marcos Sancosmed, Antón, Juanillo, Edgar Vázquez, Manu, Javi Díaz, Martín, Toñín, Carlos Pacín, Álex, Bruno Iravedra, Peri, Javi Castro e Brandan.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *