Diario dun mercado. Episodio 182

Regresamos con negativas e porteiros, entre outras moitas cousas

Os nosos clubs xa camiñan na nova normalidade. De feito, varios deles xa deron comezo ás súas pretemporadas. Iso si, a gran maioría con adestramentos individuais e con todas as garantías sanitarias posibles. Por exemplo, o Pol ou o Incio. Os do Carboeiro estréanse no día de hoxe, de feito.

Mentres, a gran maioría de equipos seguen a traballar na confección dos seus bloques. O Polvorín continúa a súa busca de adestrador, despois da negativa de Álex Antón nas últimas horas. Por certo, un vello coñecido desa casa, non se manterá no seu destino. Javi Rey deixa o Arenteiro despois dunha notable campaña. Veremos cal será a súa nova casa.

Na Primeira, a cousa vai de porteiros. O Burela renovou a Simón e o Monterroso fixo o propio con Rubén. Dos da Ulloa tamén coñecemos o nome do seu segundo adestrador: Omar, home da casa. Baixamos de categoría para anunciar o regreso de Miguel a Meira despois do seu paso por Pastoriza. Por último, na Terceira, Hasier continuará no filial do Monterroso. E no Castroverde seguen  lateral Dani e o dianteiro David.

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza
Imagen por defecto
Diego Díaz Martínez

Un enfermo do fútbol lucense. Adestrador Nivel-3 UEFA PRO

Artículos: 861

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.