O Pol suma e segue. Alberto López e Diego Núñez volven unir os seus camiños despois dunha tempada separados. O contrastado mediocentro lugués chega ao Manuel Luna despois de xogar no Riotorto e no Viveiro esta pasada campaña. Forza, intelixencia táctica e un espectacular xogo aéreo son a súa mellor carta de presentación. Nesa mesma categoría, o Portomarín mantén a súa política de renovacións. Barki, Iago Barrio e Héctor renovan o seu compromiso co club miñoto. Máis ao sur, en Chantada; temos novidades no Atlético. O dianteiro Brais, vello coñecido do Chantada, Lemos e Bóveda; incorpórase ao cadro de xogadores de Fernando Corredoira.
Na Segunda, o Quiroga renovou a varios xogadores importantes: Polín, Andrés, Choco, Marquiños, Bombero e Ruli. Pola súa parte, o Palas contará con todos os efectivos da campaña pasada agás o retirado Juanjo, Álex Senande e Iván Navia (do que xa comunicamos a súa fichaxe pola Residencia). Así mesmo, o equipo de Iván ‘Karanka’ terá que buscar dous porteiros no mercado ao causar tamén baixa os especialistas Nico e Martín. Ademais, O Incio renovou a todos os seus xogadores a excepción de Orlando, que marcha traballar a Andalucía; e Raúl, que se retira. Por último, na Terceira, o Carballedo anunciou as novidades do meta Fran e o punta Bobby Doval. Tamén renovan Tony Blanco e Darío.