Na Preferente Norte o Castro anunciou as renovacións do lateral Marino e do porteiro Yebra. Ademais o equipo adestrado por Javi López confirmou o regreso de Pedro Díaz. O central comezou esta temporada no conxunto das ribeiras do Lea, pero a metade de ano marchouse ao Escairón na búsqueda de minutos. Estas novidades xúntanse a xa coñecida renovación de Gonzalo Edrosa.
O Friol despois de desputar a final da Copa Deputación ante o Sporting Pontenova e quedar subcampión xa prepara unha nova tempada na Segunda Galicia Sur. O equipo friolés, que estreou hoxe conta en twitter, anunciou as fichaxes de Marcos Arias procedentes do Pradeda e de Brais Burgo que vén dende o Ribadeo para reforzar o equipo da súa casa.
Na Terceira Galicia norte o Cazás cambia de directiva. Kolo deixou de ser adestrador e abandona o equipo. O seu lugar no banco vaino ocupar o xogador Oky que se retira do fútbol e adestrará ao conxunto do Catro Ventos. No fútbol feminino Iria Rey é anova coordinadora da SCD Milagrosa.