A medida que o mes de xuño avanza chegan cada vez máis movimentos do fútbol provincial ao noso Diario dun Mercado.
Na Preferente, o Lemos continúa coa renovación de boa parte do seu cadro de xogadores. Desta volta tocoulle ao monfortino Arturo, que selou a renovación para seguir defendendo o arco da Pinguela. E os veciños da Sarriana, unha vez asinado a Charli como adestrador, comezan e perfilar a súa plantilla. Héctor, Carnero, Luisma e os irmáns Keko e Jacobo Vilariño asinaron a súa renovación.
https://www.facebook.com/sarriana/posts/3068466016581159
Unha categoría máis abaixo, o Alfoz comeza a poñer as bases do seu novo proxecto en Primeira. E faino coa renovación dun dos grandes artífices do ascenso: o adestrador Suso Martínez. No Monterroso causará baixa Álex González.


A Segunda Autonómica tráenos a maior parte das novidades. Julio César Castro renovou como míster do Mondoñedo e cumplirá a súa segunda temporada no banquiño do Viñas da Veiga. Moi preto, o Celta Barreiros asegurou a continuidade do zagueiro Iff e o mediocentro Adrián Rivas. No grupo Sur, o Brollón é o gran protagonista. Dani, Messi e Miguel seguirán unha temporada máis ás ordes de Chura. Quen tamén o fará será Pagaza, que reforzará a parcela atancante do cadro da Pobra.

O Lemos B, logo de anunciar un gran número de renovacións, contará con Jorge Fagín, xogador que chega ao filial lemista desde o Calasancio. No Sober, seguirá como adestrador José Manuel Pasín, e apostan pola continuidade da maior parte dos xogadores. Na Terra Chá, Manuel Veiga deixará o banquiño do Rioaveso despois de dúas temporadas.
O fútbol feminino lucense terá un novo representante logo de anunciar o Corgo a creación dun equipo sénior.
