Continuamos co clásico da época estival, este ano adiantado xa á primavera logo da finalización das competicións por mor da pandemia do Covid-19. O Diario dun Mercado chega desta volta cun claro protagonista: as renovacións. Os clubes da nosa provincia comezan a moverse para darlle continuidade aos proxectos de cara a vindeira campaña.
Na Primeira Autonómica, o Burela renovou a Jairo, un dos killers da categoría. Non seguirá no banquiño verde Jaime e collerá o seu relevo Pepete, un histórico do fútbol mariñán, que será tamén o coordinador do fútbol base. Sen cambiar de categoría, o Lourenzá anunciou a saída do clube do seu adestrador Diego Rego. Malia que o clube tentou a continuidade do laurentino, este decidiu poñer punto e final á súa traxectoria no equipo logo de tres temporadas, nas que acadou o ascenso a Primeira.
https://www.facebook.com/escolasdeportivas.lourenza/posts/2531661173762135
En Taboada tamén apostan pola continuidade. O adestrador, Manu Rodríguez, seguirá unha temporada máis, e con él a totalidade da plantilla, a excepción de Nico, un dos capitáns, que se retira logo de dezaoito anos no clube. No banquiño do filial seguirá Ríos e no xuvenil Jacobo.
Xa na Segunda Autonómica, o Celta Barreiros renova en bloque á meirande parte do seu cadro de xogadores, e aínda se agarda algún acordo máis. Pedro Incera e René continuarán defendendo a portería do Cascabeiro. Na defensa, Pita, Ferro, Mákina, Iff, Insua e Damián aceptaron a proposta do conxunto celeste, mentres que Rober, Rivas e Víctor seguirán na liña medular. Na parcela atacante Hugo, Xian e Jhoseba continuarán no equipo barreirense. Víctor Couto, o álma máter do proxecto do Celta na xestión deportiva comprometeuse tamén co clube e cumplirá a súa terceira temporada.
https://www.instagram.com/p/CAPweJKqasp/?utm_source=ig_web_copy_link
No grupo Sur, o Ferreira chegou a un principio de acordo para a continuidade de José Antonio Vázquez ‘Yesi‘ no banquiño do Baliño. O técnico chegou a pasada temporada e, logo dunha gran campaña, deixou ao equipo no momento do parón ligueiro na terceira praza da clasificación, despois de moitas xornadas ocupando postos de ascenso a Primeira Autonómica.