O mediocentro Alberto Suárez seguirá sendo un lucense ilustre por Redondela. Renova un ano máis co Choco, co que continuará tamén coma técnico do equipo xuvenil A. Na Preferente, Sergio Pollo chega ao Lemos. E Lisboa segue a ser o gran culebrón do verán. Despois de ser anunciado polo Incio, o Bóveda parecía o seu destino. Pois non! Volve á Ribela para defender a meta da Sarriana.
Na Primeira Galicia, a ‘Operación retorno’ do Atlético Escairón mantense vento en popa e a toda vela. Ivi regresa ao Saviñao. E os chairegos Chisco e Manu Roca collen destino Riotorto. Ademais, o meta vilalbés Duarte xogará esta temporada no Brexo Lema da Coruña.
Unha categoría máis abaixo, Brais Blanco renovou no Xermade. E o central Troulo enfundarase de novo a casaca do Portomarín despois do seu Erasmus. Tamén chega a Chao da Poza Mosquera, tralo seu ascenso co Guntín. Na Terceira Galicia, Brais Couso convertiuse en novo xogador do Carballedo. E no Antas renovaron os seguintes xogadores: Alexis, Xanzy, Juan, Cumbraos, Vicente, Pere, Xurxo, Cristian, Méndez, Marcos, Chapi, Andrés, Miguel, Koeman, Félix e Luis.
No fútbol femenino contamos con novas dende o mesmo escenario. Siguen no Antas: María, Iria, Maite, Rebeca, Nuria, Ángeles, Eva Díaz, Marta, Vero, Noe e Yaiza.

