*Sporting Pontenova-Taboada: Os mariñáns sobrepuxéronse á presión alta rival. E ao tanto inicial de Fabio para o Taboada. Creceron co paso do minutos e máis aínda coa expulsión do visitante Migui. Chegou o empate de novo e posteriormente a expulsión do local Matelo. En igualdade numérica, Moski marcou as diferenzas e certificou de maneira matemática o descenso da Pontenova a Segunda Galicia.
*Pastoricense-Friol: Triunfo de tranquilidade para o Pastoricense. Os de Fran Veiga marcaron nun saque de esquina ao comezo. Contiveron a un Friol moi fluido na circulación pero ao que lle faltou xerar máis perigo. Na reanudación, os do Acebreiro puxeron terra de por medio dende os once metros. Dende ese momento, os tres puntos non correron perigo para os locais. Que aínda puideron conquerir algún tanto máis. Os de Jon Vázquez remataron o partido con dez xogadores pola lesión de Bruno. Non houbo recambio, ao ter empregados a todos os xogadores suplentes.
*San Ciprián-Xove Lago: O San Ciprián insiste en aferrarse á categoría despois dunha remontada en equipo ante o Xove Lago. Un erro defensivo propiciou o tanto inicial dos de José Manuel. Os visitantes perdonaron a sentencia en varias contras. E os de Lekumberri reaccionaron na reanudación. Borja Mella igualou de penalti. Minutos máis tarde, Samu era expulsado e deixaba con dez homes ao Xove Lago. A falla de cinco minutos para o final, Borja Mella pechou o seu doblete cun remate a unha boa xogada de Diego en banda. Madariaga, decisivo unha tarde máis, evitou o empate no desconto cunha boa intervención.
*Atlético Escairón-Santaballés: Moita igualdade no Saviñao entre dous rivais que ofreceron un bonito espectáculo para o espectador. Os goles non chegaron ata a última media hora de encontro. Pelao adiantou ao Santaballés e Andrade, cun testarazo, fixo de novo o empate para o Atlético Escairón. Os locais creceron tralo gol e buscaron o segundo. Iso sí, o marcador non se volveu mover.


*Chantada Atlético-Riotorto: O Riotorto levou tres puntos fundamentais na pelexa pola permanencia. A diferencia estivo na efectividade nas áreas. Pana e Congui perdonaron para o Chantada Atlético. Manolito non o fixo para os de Labrada a menos de quince minutos para o remate. Se ben e certo, que os mariñáns xa tiveran na primeira metade un remate ao longueiro e un gol anulado.
*Pol-Burela: Duelo moi nivelado que puido caer para calquera dos dous lados. Ambos conxuntos xeraron oportunidades suficientes para levar o triunfo. O Pol adiantouse no marcador cun tanto de Suso á media hora de xogo. Non lle perdeu a cara ao encontro o Burela. E Javi Celes fixo o gol do empate definitivo ao cuarto de hora da reanudación.

*Páramo-Residencia: Os de Álvaro Meilán asaltan a zona de ascenso despois de superar a un Páramo que queda con pé e medio en Segunda Galicia. A Residencia controlou o encontro en todo momento. Mostrouse superior a un rival con Corbelle coma porteiro de circunstancias. Lisboa non estaba dispoñible e Álex non xogou pola ‘cláusula do medo’. Arturo abriu a lata antes do descanso. Rober e Iago Alonso pecharon a goleada nos últimos dez minutos de partido.
*Monterroso-Chantada: Gran actuación coral do Monterroso no derbi. Os de Román sumaron un triunfo que pode ser chave na loita por evitar os arrastres. Raúl aproveitou un pase interior de Basi para facer o primeiro da tarde. Lorenzo exhibiu o seu ‘guante’ a balón parado para firmar o segundo. Gol olímpico. Na segunda metade, Rubén luciuse no arreón do Chantada tralo paso por vestiarios. Raúl aproveitou o rexeite dun contragolpe e sentenciou definitivamente o partido. Kadete fixo o gol da honra de penalti nas postrimerías. Os de Juan Rodríguez perden o seu posto en zona de ascenso con esta derrota.
*Outeiro de Rei-Lemos: O Lemos é novo equipo de Preferente despois de gañar ao Outeiro pola mínima e ver coma o Chantada caía en Monterroso. Os saques dende o curruncho foron decisivos nunha primeira metade de poder a poder. Nun deles, Román fallou solo para os locais. No entanto, os visitantes firmaron o único gol do encontro dende a esquina. Na reanudación; Diego Seijas, Pereira, Román e Yago tiveron o empate para os de Cholas. Porén o esforzo defensivo monfortino atopou o seu premio. Os de Edu xogaron con defensa de cinco os últimos vinte minutos e pecharon os tres puntos. Que esta vez certificaron nada máis e nada menos que o ansiado ascenso.


