#Fútbol afeccionado #Primeira Futgal

Destacados Primeira. Xornada 11

*Pol-Xove Lago: José Manuel estreouse no banco do Xove Lago cun empate in extremis nun feudo complicado. A primeira metade foi igualada. Carlitos perdonou para os de Abad e Andrés Bustelo e Juanjo Coello fixeron o propio para os mariñáns. Na reanudación, os locais deron un paso adiante porén os goles non chegaron ata o tramo final. Panchi adiantou ao Pol a quince minutos do desenlace e Diego Chao firmou o 1-1 definitivo no minuto 94 nun man a man ante Yebra.

*Sporting Pontenova-Chantada: O conxunto de Juan Rodríguez marcou nada máis comezar. Aínda así, a Pontenova reaccionou e plantou cara na primeira metade. Competindo de ti a ti, xerando ocasións. Tralo paso pola zona de vestiarios, repetiuse a historia. O Chantada marcou xusto ao comezo da reanudación. Aos mariñáns non lles quedaba outra que arriscar. E, con espazos, os do Sangoñedo atopáronse moi cómodos. Tanto que mataron o partido co 0-3. Non foi o último gol. Na prolongación houbo tempo para gozar dun tanto máis por equipo.

*Atlético Escairón-Burela: O cadro de Jaime Méndez adiantouse por dúas veces nunha primeira metade na que meteu en apuros a un gran Atlético Escairón. O conxunto do Saviñao mellorou aínda máis as súas prestacións tralo descanso. Fíxose totalmente co peso do partido e tivo oportunidades para gañar a un Burela moi serio en defensa. Os últimos minutos foron unha locura. Pandiani rematou ao pau para os locais e os mariñáns perdonaron a victoria nun man a man.

*Chantada Atlético-Taboada: Balón de osíxeno para o equipo de Fran Regal. O Chantada Atlético regresou ao Sangoñedo e ao seu novo céspede ao grande. Vencendo a un Taboada, que encaixou así a súa segunda derrota consecutiva a domicilio. Os de Martín Murado perdoaron dúas boas oportunidades nos primeiros compases do encontro. A partires de aí, o Chantada Atlético mostrou a súa mellor versión. Adri puxo o 1-0 antes do descanso e Guerreiro igualaba pasada a hora de partido nunha falta botada de xeito maxistral. A incertidume mantívose ata preto do final, cando Adri completou o seu doblete e deixou tres puntos moi valiosos na casa.



*Monterroso-Residencia: O equipo de Álvaro Meilán prolongou o seu gran momento de forma e resultados cunha victoria ao límite. O fútbol directo e o balón parado mandaron no Anexo de Cerdeiriños. A primeira metade resultou moi nivelada. Na segunda, a Residencia mostrouse superior, dispoñendo de ocasións suficientes para levar a victoria. Un triunfo que non chegou ata o minuto 88, cando Kevin marcou para deixar aos branquiazuis a só tres puntos da zona de ascenso. O Monterroso queda a un só punto do descenso directo.

*San Ciprián-Lemos: O líder segue ao seu. A sumar de tres en tres dominando aos seus rivais de principio a fin. Adrián marcou na primeira metade para os monfortinos. Mínima vantaxe ao descanso para o Lemos, despois de desperdiciar varias ocasións ante un San Ciprián que apretou. O volume de oportunidades visitantes aumentou na reanudación. Os da Pinguela erraron ata tres mans a mans e un penalti. Hugo certificou o triunfo a pase de Denis.



*Outeiro de Rei-Friol: Os irmáns Yebra certificaron un traballado triunfo do Outeiro de Rei. Yago adiantou aos de Cholas pouco despois do pitido inicial dentro dunha primeira metade igualada. Na reanudación, os locais aproveitáronse do seu fútbol directo. Lanzaron dous balóns ao pau e Jesu fixo o segundo da tarde nunha acción dubidosa. O gol espoleou aos de Jon Vázquez, que impuxo a súa lei na última media ahora. Aí emerxeu a figura de Dieguiño, que foi quen de deixar a súa porta a cero, a pesares das constantes acometidas do Friol. E aos seus a só tres puntos dos postos de ascenso.

*Pastoricense-Riotorto: Derbi de poder a poder que se decantou para os visitantes cun tanto de Felipe Varela. Os vellos rockeiros nunca morren. Manolito marrou dúas boas oportunidades na primeira metade. O Pastoricense perdonou outro par delas na segunda parte. O que sí viu porta foi Felipe Varela, que fixo o único gol do partido nun contragolpe. Despois do tanto, os de Labrada pecharon liñas á perfección e os de Fran Veiga apenas pudieron xerar oportunidades para empatar. O Riotorto non coñece a derrota dende a segunda xornada.

*Páramo-Santaballés: Os de Fontal deron a sorpresa da fin de semana. A gran actuación coral do Páramo amargou o debut de Dani Moirón á fronte dos chairegos. Ninguén logrou marcar nunha primeira metade de alternativas e de perigo a balón parado. Soto mancouse ao comezo da segunda metade e o Santaballés acusouno. Os locais fixéronse fortes na parcela ancha e xeraron boas oportunidades de gol. Adrián mostrouse inconmensurable e detivo todo o que lle chegou, a excepción dun man a man de Coedo. Os visitantes non se renderon ata o pitido final. O colexiado anuloulles un gol na última xogada do encontro por falta do meta Adrián sobre Lisboa. Duelo de porteiros no clásico saque de esquina á desesperada. Por certo, Bryan volveu xogar co Páramo. E destacando.



[themoneytizer id=»15360-4″]

[themoneytizer id=»15360-16″]

Destacados Primeira. Xornada 11

As nosas redes falan

Destacados Primeira. Xornada 11

Galería de imaxes: Ferreira CF 3-0 CF

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *