#Fútbol afeccionado #Primeira Futgal

Destacados Primeira. Xornada 1

*Monterroso-Outeiro de Rei: O Anexo de Cerdeiriños abriu o telón da Primeira 18-19. O Outeiro comezou forte pero Pallares e un golazo de Dabouza déronlle vantaxe aos de Rielo ao descanso. Os de Cholas non se renderon e apretaron moito nos últimos vinte minutos. O Monterroso perdonou a sentencia á contra e Seijas empatou no último minuto a centro de Quique. A mala nova foi a lesión do meta Carlos nun golpeo de balón.

*Friol-Xove Lago: A vida segue igual. Juanjo Coello marcou o primeiro gol do Xove Lago. David Rivas aumentou distancias no ecuador da segunda metade cando máis preto estaban os locais do empate. O Friol, que foi a máis durante o encontro, rescatou un punto no último cuarto de hora. Dani Roca firmou o gol da igualada no límite. Por certo, Rafa Casanova foi o ‘7’ do Friol.

*Pastoricense-Chantada: Ao minuto de xogo, o capitán Kadete marchaba co nariz roto. E poucos compases máis tarde, un golazo de Miguel Rico adiantaba ao Pastoricense. O Chantada sobrepúxose ás adversidades e xerou unha boa cantidade de ocasións. A falta de puntería impediu a igualada. Nos últimos vinte minutos, o Pastoricense controlou perfectamente o resultado. Os folgos xa non eran os mesmos para todos…

*Páramo-San Ciprián: O campo de Ladairo, Guntín, acolleu un emocionante encontro no que o San Ciprián comezou de maneira espectacular. Púxose con dous goles de vantaxe pasada a media hora de xogo. Robertito meteu de novo ao Páramo no partido cun gol de penalti ao bordo do descanso. Na segunda metade, o Páramo arriscou ao máximo. E xerou moitas oportunidades. Iso sí, a igualada non chegou ata o tramo final. Corbelle cabeceou a porta baleira. Aínda quedou tempo a que Madariaga lle parase un man a man a Robertito.



*Santaballés-Taboada: Un penalti transformado por Álex Novás frenou o ímpetu inicial do Taboada. Poyán rematou ao longueiro en medio dun carrusel de ocasións para os dous equipos. Seo, nunha serie de rexeites tras un saque de esquina, aumentou as diferenzas. Na reanudación un combativo equipo visitante coqueteou co empate. Ivo detivo o seu segundo penalti con 2-1 e Hugo matou o encontro para o Santaballés nunha contra letal.

*Sporting Pontenova-Lemos: Encontro dominado de principio a fin polo cadro de Edu. O Lemos xerou ocasións en ambas partes ante un Pontenova que chegou en contadas oportunidades. O conxunto monfortino é o primeiro líder da categoría.

*Atlético Escairón-Pol: Os locais perdoaron antes do descanso pero ‘Rifle’ Pandiani marcou nada máis voltar de vestiarios. Toti fixo o segundo minutos máis tarde e Amir sentenciou para o Atlético Escairón. Yeray fixo o gol da honra para un Pol que pagou caro os seus erros ao inicio da reanudación.



*Burela-Riotorto: Derbi moi disputado, que se decidiu na segunda metade. Uns malos minutos do Riotorto, unidos á boa versión do Burela propiciaron que se chegase ao minuto 80 con un 3-0 a favor dos locais. Os de Labrada nunca se deron por vencidos e quedaron a un só tanto da igualada.

*Residencia-Chantada Atlético: Adiado ao próximo 1 de novembro.

[themoneytizer id=»15360-4″]

[themoneytizer id=»15360-20″]



[themoneytizer id=»15360-16″]

Destacados Primeira. Xornada 1

Trío de Ases Terceira e Preferente (Xornada

Destacados Primeira. Xornada 1

O partido en imaxes: Santaballés-Taboada (3-1)

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *