#Fútbol afeccionado #Entrevistas #Preferente Futgal

Dani Moirón: «Hai xogadores importantes, pero o equipo ten lagoas considerables»

O pasado domingo saltaba a noticia despois do derbi lucense da Preferente. Dani Moirón deixaba de ser o técnico do Ribadeo tras caer co Lemos na casa (2-3). Despois duns días de descanso e reflexión, quixemos falar onte co preparador da Pontenova nos micrófonos de Radio Lugo Cadena Ser. O noso redactor Diego Díaz e o presentador da Cadena Ser Alex Gato, foron os mestres de cerimonias.

Pódese escoitar a nosa participación íntegra aquí (ademais, analizamos as citas sobranceiras da fin de semana no fútbol feminino, a Segunda e Terceira RFEF así como a Preferente como cada xoves).

Nas próximas liñas resumimos todo o que falamos co xa exadestrador do Ribadeo. Desde os motivos do adeus ata unha análise destes dous anos e medio no Pepe Barrera.

Un adeus meditado? «É unha decisión meditada á que levabamos tempo dándolle voltas. O domingo foi a guinda que colmou o vaso e decidimos non continuar».



Quen toma a decisión desta fin de etapa? «Foi unha decisión do corpo técnico. A directiva quería que continuasemos. Nós tiñamolo claro e chegouse a acordo. É a mellor decisión para o club para buscar un revulsivo, unha cara e un discurso novo para non pasar apuros na Preferente».

Como foi ese último partido ante o Lemos? «Na parte inicial do partido estivemos fatal a nivel defensivo. Dous erros gordos propiciaron o 0-2. Conseguimos empatar pero faltounos empuxe cando creo que o partido estaba para nós. Nos minutos finais transformaron unha falta… Tentámolo de aí ao final pero non fomos capaces de sacar algo positivo».

Cal é o obxectivo real do Ribadeo? «Hai que ser prudentes. O obxectivo do Ribadeo non pode ser outro que a permanencia. Temos unhas dificultades grandes, arrastradas doutras temporadas, e problemas con instalacións para adestrar. Non se pode desviar a atención, temos nomes importantes pero o cadro de xogadores ten unhas lagoas importantes. Ao final a clasificación pon a cada un onde se merece».



Dous anos e medio no Pepe Barrera. «Voume moi satisfeito co traballo que fixen e cos corpos técnicos que tiven. Cando chegamos a Ribadeo quedaran últimos na Preferente, gañando un só partido. Había só catro xogadores e melloramos o equipo e a nivel estrutural. Melloramos certos costumes que non estaban á altura dun club de Preferente. Conseguimos que todos os xogadores adestraran todos os días da semana… Un compromiso excepcional a nivel de club e a nivel de directiva foise mellorando. Penso que se necesitaba un cambio, o discurso estaba gastado e os xogadores non eran capaces de reaccionar».

O futuro de Dani Moirón. «Ver fútbol é indiscutible. Tamén seguir formándome. Seguirei vinculado e toca recargar pilas. Toca subir o ánimo, que estamos pasando uns días complicados. E pensar no futuro con optimismo».

Dani Moirón: «Hai xogadores importantes, pero o equipo ten lagoas considerables»

A 2ª Galicia, trampolín para chegar á

Dani Moirón: «Hai xogadores importantes, pero o equipo ten lagoas considerables»

O Celta Barreiros queda ás portas do

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *