As consecuencias da pandemia dificultan seguir con claridade o devir da Terceira Galega. Este mércores xogáronse algúns partidos aprazados. A vindeira semana (Mércores de Cinza) e a seguinte finde (Domingo de Piñata) aproveitarase tamén para recuperar as citas pendentes na categoría. Dos xogados esta noite; dous deles contaron con presenza lucense:
Fisterra 0-3 Somozas: Aldán Naval estivo na convocatoria, pero non dispuxo de minutos na vitoria do Somozas na Costa da Morte. Tres puntos máis cos que o conxunto de Ferrolterra aumenta a distancia na cabeza da zona norte. Agora quédalle un partido pendente de xogar. Precisamente contra o seu rival máis directo, o Begantiños. Sepáranos catro puntos, pero o cadro de Carballo ten tres partidos menos. Cinco puntos é a distancia que ten o Somozas co Polvorín. E o conxunto capitalino fáltanlle dous duelos por desputar.
Arenteiro 0-0 Arousa: Víctor Eimil e Ross xogaron todos os minutos. O primeiro no conxunto do Carballiño e o segundo no de Vilagarcía. Duelo cabeceiro no grupo sur que acabou en empate pero co gol avarage favorable ao Arenteiro. O conxunto verde mantense de líder cunha diferenza de tres puntos. Os dous equipos teñen un partido pendente de xogar.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)
No que respecta a décimo sexta xornada da 1ª fase xogada a pasada finde, as consecuencias da covid provocaron o adiamento de tres encontros con participación lucense. Pola súa banda, os #LucensesNaTerceiraGalega volveron ter protagonismo. E dous xogadores da provincia tiveron minutos na categoría por primeira vez nesta campaña
O partido con máis lucenses:
Once xogadores da provincia xogaron o Viveiro 2-1 Paiosaco. Nove foron titulares no cadro viveirense e dous entraron na segunda parte. Precisamente dous xogadores focenses: Asier e Criss. O dianteiro participou no primeiro encontro coa camisola celeste. Volveu xogar en Terceira case cinco anos despois. A súa última temporada na categoría foi a campaña 2015/2016. Aquel curso fora titular 23 encontros e participara en 34 partidos co Ribadeo. Ademais o atacante aportara catro goles.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2025/01/resolucionconcorrenciadeputacion1.gif)
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2021/02/julio-delgado-ourense-cf.jpg)
Julio Delgado: fichaxe e titularidade:
O futbolista de Burela foi xa da partida na primeira oportunidade que tivo de vestilo ‘10’ do Ourense CF. O cadrou ourensán derrotou ao Atios (3-0). O equipo segue medrando na clasificación. Julio xogou practicamente todo o choque. Foi trocado nos últimos intres. É a primeira vez que Julio xoga na Terceira División. Logo de rematar a súa etapa no Celta xuvenil formou parte do filial vigués en Segunda B. Despois, o resto de equipos nos que xogou, foi sempre na división de bronce.
Os triunfadores:
Cinco futbolistas lucenses estiveron presentes nun dos grandes partidos da xornada. O Polvorín asaltou o Manuel Candocia con catro da provincia. Julen, Martín e Dani Vidal foron titulares e xogaron todo o encontro. David Guitián saíu no segunto tempo. No Somozas saíu na segunda metade Aldán Naval. O viveirense entrou no minuto 58 por Diego Garrido. Un cambio ofensivo co que os pupilos preparados por Jairo Bello conseguiron recurtar diferencias. Non obstante, era o día do conxunto albivermello.
Víctor Eimil xogou todo o encontro no triunfo do Arenteiro pola mínima ante o Estradense. O vilalbés está saíndo de entrada xa nos últimos encontros. Logo de que na primeira volta a súa presenza fose máis intermitente. Con todo xa acumula nove participacións neste curso.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/12/senmas3.jpg)
Duelo lucense no sur:
En Santa Mariña igualaron o Choco e o Arousa (2-2). Alberto Suárez no cadro redondelán e Ross no conxunto de Vilagarcía xogaron todo o encontro.
Máis lucenses:
Álex Vázquez e Pedro Delgado foron titulares na visita do Arzúa a Santa Isabel. Pedro xogou todo o encontro e Álex foi recambiado ao inicio do segundo tempo. O cadro arzúan volveu á competición logo de dúas xornadas sen xogar. Brais Prieto tamén estivo na convocatoria do conxunto arzúan. Pero non tivo a oportunidade de xogar.
Iván Abel Bruzos foi o colexiado do Rápido de Bouzas 1-0 UD Ourense. Estivo asistido nas bandas por Alberto Blanco Méndez e Jesús Adán Gallego.
Partidos aprazados con representación lucense:
Bergantiños – As Pontes
Fabril – Racing Villalbés
Fisterra – Silva (arbitraba ademais Pérez Prado)