#Alevíns #Cadetes #Fútbol afeccionado #Fútbol Base #Infantís #Preferente Futgal #Xuvenís

Comezan as inscricións para a temporada 20/21

Aínda hoxe publicabamos as opinións dos clubes lucenses da Preferente con respecto á volta ás competicións. Fai uns días falabamos cos conxuntos da Primeira Galicia. A opinión xeral era de dúbida e inseguridade: ningún equipo da provincia ten moi claro que facer.

Porén, tamén hoxe recibiamos unha circular da RFGF na que se destacaba a alta porcentaxe de inscritos na Preferente Galicia e nas categorías de base que se activarán o vindeiro 31 de xaneiro, sempre e cando a situación sanitaria o permita.



Na circular, que adxuntamos ao final deste artigo, a Federación informa de que 15 equipos do Grupo Norte e 15 equipos do Grupo Sur da Preferente xa están inscritos para comezar a competir na data proposta polo organismo, o 24 de xaneiro de 2021. Este número de participantes, tal e como sinala a Futgal, aumentará nos próximos días, xa que tan só nos atopamos na metade no periodo de inscrición.

Tamén se destaca na circular a boa acollida que tivo a volta das categorías galegas de base, contando con 75% de inscritos a falta de cinco días para pechar o prazo -algunha, como a División de Honra Cadete, xa conta co 100% de inscritos.



Así informou a Federación da posible volta ao fútbol de moitos amantes do deporte da nosa comunidade. Unha vez máis, insistiuse na seguridade da práctica deportiva! No seguinte enlace pódese decargar a nota completa enviada pola Real Federación Galega de Fútbol: NP RFGF Inscriciñon

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *