#Feminino #Fútbol Base

Carmen, CP Calasancio: «Sinto moito orgullo ao vestir a camiseta de Galicia»

Hoxe falamos con Carmen, una pequena que xoga no CP Calasancio de Monforte e que foi convocada coa Selección Galega sub-12 para disputar o Campionato de España de Seleccións Autonómicas femininas a pasada fin de semana en Guadarrama. As pequeñas fixeron un bo papel, vencendo a Castela-A Mancha e Baleares e perdendo tan só co País Vasco na fase de grupos. Clasificadas para os cuartos de final, enfrontáronse a una forte Cataluña que apeou ás nosas nun igualado duelo.

En canto ao seu equipo, o Calasancio alevín, quedou na sétima posición da súa liga, na que xogan contra os equipos de Ourense. Carmen foi convocada a practicamente a totalidade dos partidos, e foi quen de asinar goles nunha competición na que tamén xogan nenos. Falamos brevemente con Carmen:

Futbolinlugo: Ola Carmen. Cal é a túa demarcación habitual e que é o que máis che gusta do fútbol?

Carmen: Xogo de dianteira, aínda que no Calasancio xogo máis no medio, levando a batuta do equipo. O que máis me gusta é celebrar goles co equipo.



 

Futbolinlugo: En Monforte xogas con nenos. Preferirías xogar somentes con rapazas ou gústache demostrar que eres tan ou máis boa xogando ca eles?

Carmen: A verdade é que me dá igual, estou contenta así.



 

Futbolinlugo: Como lle foi ao Calasancio na liga?

Carmen: Moi ben, quedamos nunha boa posición, e aínda que xogo de medio metín tres goles.

 

Futbolinlugo: A pasada fin de semana xogastes con Galicia. Que sentes cando vistes esa camisola?

Carmen: Sinto moito orgullo, estou moi contenta de poder vestir esa camiseta.

 

Futbolinlugo: Fostes eliminadas por Cataluña. Que foi o que máis disfrutaches do campionato?

Carmen: O mellor foi que sen dúbida ninguna xogamos mellor co ano pasado e superámonos a nós mesmas.

 

Futbolinlugo: Merecestes gañar contra a selección catalana?

Carmen: Non lles quito mérito ás rapazas catalanas, pero eu creo que o partido puidemos gañalo tanto nós coma elas.

 

Futbolinlugo: Cal é a túa xogadora, ou xogador, favorita?

Carmen: (Non ten nin que pensalo) Vero Boquete. Gústame que sexa galega e encántame o seu estilo de xogo, así como a súa forma de ser.

 

Futbolinlugo: Cres que cando sexas máis maior poderás xogar en equipos como o Barcelona, ou o Atlético de Madrid?

Carmen: Non se descarta, é unha tarefa difícil, pero si, por que non.

 

Futbolinlugo: Moitas gracias por atendernos, Carmen. Moita sorte de agora en adiante.

Carmen: Moitas gracias a vós.

Desde Futbolinlugo queríamos agradecer a nai de Carmen, por facilitar e permitir o contacto coa súa filla, e a Amadeo, do CP Calasancio, por proporcionar os contactos para esta pequena entrevista.

Carmen, CP Calasancio: «Sinto moito orgullo ao vestir a camiseta de Galicia»

As nosas redes falan!

Carmen, CP Calasancio: «Sinto moito orgullo ao vestir a camiseta de Galicia»

As imaxes do Goiriz 2-2 Matela

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *