Dende que no pasado mes de xullo se aprobase o novo sistema da Terceira Galicia lucense víase vir unha situación insólita na competición. As viaxes de norte a sur da provincia van ser a tónica da fase polo ascenso. Oito equipos xogaranse cinco prazas que lles permitirán estar o vindeiro ano na Segunda Autonómica. O feito na primeira fase, pasa agora a un segundo plano e comeza unha «nova temporada».
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2017/12/fase_ascenso_terceira_aut-300x227.png)
Catorce xornadas nas que o único derbi local que poderá verse será o Goiriz – Catro Roldas. O primeiro deles a fin de semana do 10 de febreiro. Do máis preto, ao máis afastado, xa que arredor de 200 km son os que separan os concellos de Sober e Cervo, duelo que se desputará na segunda xornada. Pouca menos distancia hai entre Cervo e Incio, o partido estelar da primeira xornada xa que se enfrontarán dous dos campións de grupo da primeira fase.
Algunha hora menos de viaxe terán que afrontar o resto de equipos da Terceira que xogarán o Trofeo Delegación de Lugo. Sete equipos en cada grupo, co obxectivo de ser campións de cadansúa zona para poder acceder a unha final a dobre partido, gañala e ascender tamén á Segunda Galicia. Ao ser sete equipos, un descansará cada fin de semana.
No grupo norte, Celeiro, Celta Barreiros, Cazás, Rioaveso e Muimenta estarán acompañados por dous equipos que competiron na primeira fase no grupo centro, CD Rábade e Friol B (dous conxuntos que participan por primeira vez en competición oficial). O Celta Barreiros non entrará en competición ata a terceira fin de semana de xaneiro.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2017/12/torneo_delegacion_grnorte-300x228.png)
Pola súa banda o grupo sur estará conformado polo Laxosa, o Guntín, o Becerreá FC, o Paradela, o Relámpago Taboada, o Quiroga e o Río Sil. A primeira xornada abrriá cun enfrontamento entre o Laxosa e o Becerreá FC, os dous equipos que finalizaron últimos nos seus respectivos grupos. O equipo do Corgo non coñece a vitoria nesta temporada. Ao Paradela será o conxunto que lle toque descansar na primeira cita do campionato.
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2017/12/torneo_delegacion_grsur-300x225.png)
Hai que ter en conta que en ninguna das competicións os xogadores pasan limpos de cartóns, arrástranse os ciclos da primeira fase. Por diante meses de máis fútbol da comeptición máis humilde a nivel sénior, que estará caracterizada polos sábados e domingos de quilómetros. Polo menos, algo de recompensa terá aínda que só sexa nos sobranceiros de Futbolinlugo que cada xornada poderán optar a un premio. Aínda así, non mancarse, sempre seguirá sendo o máis importante.
Podes consultar o calendarios completos premendo neste enlace: Segundas fases da Terceira Galicia
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2025/01/resolucionconcorrenciadeputacion1.gif)