Os sobranceiros da Terceira Galicia terán premio semanal

Domino’s Pizza Lugo aposta polo noso fútbol

Amigos da Terceira Galicia, estades de sorte. Grazas á colaboración de Domino’s Pizza Lugo teredes premio tódalas semanas. Aqueles xogadores que sean elixidos nos sobranceiros de cada xoves, poderán disfrutar dun suculento regalo. Os nove destacados (Baixo Paus, O Ás do balón e O Golazo) recibirán un ‘Come y Bebe sin límites’ gratis para él e o acompañante que eles elixan (muller, moza, fillo, pai, nai…). Iso sí, disporán de un prazo de dez días para disfrutar do seu galardón.

Os futbolistas deberán acudir neses dez días ao local situado na Ronda da Muralla 27 da capital luguesa. Alí acreditaranse. A única condición é que os xogadores seleccionados deben acudir a recoller o seu premio coa vestimenta do seu clube. Ben sexa o chándal enteiro, unha camiseta ou suadoiro. Agora a batalla por ser un dos sobranceiros, antóllase aínda máis dura. Todo grazas a Domino’s Pizza Lugo.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Redacción Futbolinlugo

Redacción Futbolinlugo

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*