Destacados Primeira. Xornada 10

*Xove Lago-Atlético Escairón: Encontro con dúas partes moi diferenciadas no Municipal. Na primeira mandou o Xove Lago, que puido obter máis vantaxe ao descanso que o solitario gol de Juanjo Coello. O choque nivelouse na reanudación e as mellores ocasións pasaron a ser para o Atlético Escairón. Pandiani aproveitou unha mala saída de balón local […]

As nosas redes falan

Unha xornada máis o noso fútbol volveu deixar a súa cara máis solidaria. A SD Burela fíxolle unha homenaxe a Alexia Fraga Casabella, unha rapaza que loita contra o Síndrome de Fires do que se contan con poucos casos en España. Todo foi antes de principiar un encontro da competición de Fútbol – 8 na […]

Trío de Ases Terceira (Xornada 11) e Preferente (Xornada 12)

Xornada marcada polo derbi de Terceira, que gañou o Polvorín na estrea de Simón Lamas como adestrador do Racing Vilalbés. Na Prefrerente, primeira derrota da Sarriana, goleada do Viveiro no Arturo Pereiro ante o Castro, triunfo pola mínima do Ribadeo e debacle do Foz ante un rival directo como o Agolada. Tivo que remontar o Polvorín […]

Palabra de… Ferreirós: «Pol, o gran rebote da miña vida»

Vinte e tres anos fai que cheguei a este gran club. Podo dicir que foi de rebote, xa que un venres á noite xogando ao fútbol sala na Liga local de Castro; foi José Luis Tellado (Panadeira), por aquel entón adestrador da S.D. Pol e a día de hoxe noso presidente, ía ver a un […]

Trío de Ases Preferente (Xornada 11)

A xornada disputada o día de Santos deixou resultados do máis variado para os conxuntos lucenses. As peores novas chegaron desde Foz, mentras que o Castro sumou un punto insuficiente, o Viveiro amosou a súa mellor versión e a Sarriana rematou coa imbatibilidade ribadense. O derbi provincial entre a Sarriana e o Ribadeo quedou na […]

A festa do fútbol lucense de Futbolinlugo ten data e lugar

O 29 de xuño do vindeiro ano é o día acordado para xuntar ao fútbol da provincia nun evento sen precedentes organizado por Futbolinlugo. Ademais, o lugar tamén está confirmado. O campo da Marosa en Burela acollerá o I All Star Futbolinlugo que ten a idea de unir o balompé afeccionado lucense. O acordo pechouse […]

O partido da xornada . . . Polvorín – Racing Vilalbés: o derbi lucense da Terceira

Contamos con poucas ocasións de disfrutar dun derbi provincial en Terceira División. De feito, na última campaña non existiu esa posibilidade. O efímero paso de Ribadeo e Castro pola categoría brindáronnos esa opción alguna temporada, pero este ano chega un inédito. Domingo ás 12:15 no campo da Cheda, o Polvorín, que se estrea este ano […]

As nosas guerreiras da fin de semana

[themoneytizer id=»15360-28″] Un xoves máis, Futbolinlugo se presenta para facer un resumo da xornada de fútbol feminino, comezando polo PM Friol-CD Lugo, que perdeu o seu primeiro partido da temporada na casa dun intratable líder, o Real Oviedo, que conta todos os seus partidos por victorias.

A undécima xornada en Preferente. A Previa

Un festivo na metade da semana é unha boa desculpa para disfrutar dunha nova xornada de bo fútbol. A Preferente non descansa, e é a única categoría que disputa encontros neste día de Santos, polo que aos que nos gusta que o balón rode estamos de noraboa. Os nosos cinco representantes teñen compromisos con rivais […]

Galería de imaxes: SD Outeiro de Rei 2-0 Taboada CF

[themoneytizer id=»15360-28″]   A pasada fin de semana medíronse no Municipal de Outeiro a SD Outeiro de Rei e o Taboada CF, nun choque que rematou 2-0. A cámara de «Canti», un gran colaborador de Futbolinlugo, estivo presente no duelo, e cedeunos esta galería de imaxes!  

Os onces da 8ª xornada na Segunda

Ningún dos líderes da Segunda Rexional sumou tres puntos nesta xornada pero manteñen os primeiros postos na clasificación. O Guitiriz encaixou o primeiro empate da tempada ante o Valadouro; mentras que o Guntín perdeu na casa ante o San Roque. O tempo tamén foi protagonista da xornada xa que unha saraibada impediu que se disputase […]

Destacados Primeira. Xornada 9

*Monterroso-Burela: O cadro de Roberto Rielo firmou unha gran primeira media hora e púxose 3-0 no marcador. Con dous goles de Dabouza incluídos. O Burela aproveitou dous erros para reducir a un só tanto a vantaxe dos da Ulloa. Magnífica efectividade de Javi Celes, autor dun doblete. No comezo da reanudación, Miguel Gomes aproveitou un […]

As nosas redes falan

Os equipos da Terceira Rexional teñen que discorrer a que lle dedican a fin de semana para evitar perder o ritmo ante os paróns da categoría (dous neste mes de outubro, a maiores dos que teñen os dous equipos que descansan cada xornada no grupo sur). Non obstante, noutros campos os descansos viñeron obrigados por […]

Trío de Ases Terceira e Preferente (Xornada 10)

A décima xornada trae malas novas para os noso equipos da Terceira: Racing Vilalbés e Polvorín caeron derrotados. Mentras tanto na Preferente, a Sarriana continúa imparable logo de vencer ao Castro no derbi provincial, o Ribadeo gañou na casa, e o Viveiro e o Foz sumaron un punto. O Racing Vilalbés sucumbiu na Madalena (0-2) […]

Palabra de… Borjita: «Os superheroes do fútbol afeccionado»

Son as 17.11 horas do venres, fai algo máis dunha hora que saín da oficina (actualmente traballo e resido na zona norte de Madrid) e escribo estas verbas dende o coche, viaxando pola A6 camiño do adestramento das 21.00 nas Rapadas, o campo da S.D. O Páramo. Algo corrente na miña rutina semanal. Quizais por […]

Fanny Varela (Friol CD Lugo): «Tómanse as cousas moito máis en serio»

A polivalencia sempre é un plus. Mediocentro, dianteira,… pero a súa posición favorita é a de interior pola esquerda. Fanny Varela (11-12-1991, Outeiro de Rei) pasouse do fútbol sala ao fútbol campo con 16 anos e dende aquela sempre coas cores do Friol. Unhas cores que mudaron nesta tempada co convenio que ten o cadro […]