As nosas redes falan!
Xa temos practicamente todas as competicións iniciadas, a falta das ligas provinciais de base. Os detalles e homenaxes foron numerosos esta semana…
Xa temos practicamente todas as competicións iniciadas, a falta das ligas provinciais de base. Os detalles e homenaxes foron numerosos esta semana…
Na cociña da miña casa está colgada, entre outras moitas, unha foto. Ubicadas na praia barreirense de Fontela-Valea, dez persoas de todas as idades posan ante a cámara do xornal El Progreso en formación de equipo de fútbol. A instantánea é previa á disputa dunha das pachangas que teñen lugar practicamente a diario nos meses […]
A pasada fin de semana tivo lugar o Trofeo Cidade de Lugo, organizado polo ADC Sagrado Corazón, e consolidado xa como un clásico dos trofeos de base veraniegos. No torneo compiten rapaces en idade infantil, cadete e xuvenil, pero desde hai uns anos tamén incorporou a categoría infantil feminino, sendo así un dos torneos referencia […]
Este fin de semana comezan as distintas ligas a nivel autonómico nas categorías infantil, cadete e xuvenil, a chamada Liga Galega.
Comeza unha nova temporada no fútbol lucense, polo que tamén en Futbolinlugo. Entre outras moitas novidades, a clásica sección dos destacados das nosas redes cambia de data! Pasará de ser os mércores a ser os luns! Terceira División, Preferente, Primeira Autonómica, División de Honra Xuvenil,.. xa temos en marcha un gran número de competicións, polo […]
Xa con dúas xornadas de Terceira e unha de Preferente disputadas, todo semella volver á normalidade no noso fútbol, e tamén na participación nas nosas redes sociais!
O Viveiro afronta a temporada 2017/2018 con moita ilusión, pero tamén con moita prudencia debido aos cambios que sufriu o plantel respecto á pasada campaña. Tan só catro xogadores renovaron, e outros tantos son os que suben do equipo xuvenil ao rematar a súa etapa no fútbol base.
Tanto en infantís, cadetes e xuvenís, as ligas locais deste ano prometen. Todos os anos dan moito que falar, por distintos derbis comarcais, ou mesmo porque comezan a despuntar algunhas promesas nelas. Os calendarios xa son oficiais, e Futbolinlugo conta con eles integramente.
Coa Terceira División xa comezada, a Preferente a piques de facelo, e co resto de ligas tamén preto do seu inicio, a actividade nas redes sociais é cada vez maior. Posiblemente sexa a emoción… comeza a campaña 2017/2018!!!
Xa son oficiais os calendarios de fútbol feminino para as nosas rapazas do Peluquería Mixta Friol e da SCD Milagrosa. As primeiras xogarán, como xa é habitual, na Segunda División, ante rivais de enorme talla. O conxunto da capital, pola súa banda, milita na Primeira División Galega, e visitará campos de toda a comunidade.
As competicións están a piques de comezar, e os clubes apuran ao máximo o mercado de fichaxes para facerse con xogadores que, á longo prazo, poden ser determinantes no devenir das ligas!
E chegamos a mediados de agosto. Adestramentos xa comezados, primeiros amistosos disputados… pero continúan as verbenas tamén. Isto é o mellor que nos deixou a semana!
Esta temporada contaremos cun novo equipo na Terceira Autonómica, o Friol CF «B». Hoxe falamos con Rafa Casanova, presidente do Friol CF e adestrador do Friol CF «A», para saber máis acerca do interesante proxecto. Cómpre destacar que Rafa Casanova compaxina as súas labores de adestrador e presidente sendo tamén xogador do Ribadeo, equipo lucense […]
Paco López é o novo adestrador do Peluquería Mixta Friol. Coñecíamos a nova hai poucas semanas a través do Facebook de Ángel Villar, presidente do clube de fútbol feminino máis prestixioso da nosa provincia, que milita na Segunda División do noso fútbol.
Unha vez máis estamos a mércores, e chega unha das nosas seccións máis clásicas: as palabras das nosas redes!
Hai uns días, as redes sociais do Ribadeo foron trending topic na nosa provincia. O motivo? Mediante un comunicado oficial anunciaban a creación dun equipo de fútbol feminino, o primeiro de Fútbol-11 da Mariña. A iniciativa foi secundada polo Sporting Pontenova. Tras un acordo entre os dous clubes, saiu á luz esta novidade que de […]
Chegado o segundo día de agosto, a maioría dos equipos teñen comezadas as súas pretemporadas. Os clubes, polo tanto, retoman a súa intensa actividade nas redes!
Acumúlanse as novidades no noso fútbol! Inicio das pretemporadas, clubes apurando a confección dos planteis… ou mesmo o establecemento de novos amistosos! Todo iso e máis na edición de hoxe no noso Diario dun mercado.
Na súa gran maioría, os clubes lucenses están a iniciar a súa pretemporada para afrontar a campaña 2017/2018. Non obstante, somos coñecedores de que as pretemporadas son os adestramentos máis duros para calquer xogador, polo que necesitan un descanso, algo de ocio… Futbolinlugo atopou este descanso en Baamonde, o día de 12 de agosto, cando […]