O partido en imaxes: Sporting Lucense-Santa Comba

A pasada fin de semana disputouse nas Gándaras un gran duelo entre Sporting Lucense e Santa Comba, equipos que xogan na Segunda Autonómica. Os tres puntos foron para os locais, 2-1, pero os affecioado s de ambos clubes gozaron dunha entretida tarde de domingo!

As nosas guerreiras da fin de semana!

A pasada fin de semana a normalidade volveu as competicións femininas, xogando todas as nosas representantes os seus respectivos encontros! O PM Friol-CD Lugo manténse na parte alta da táboa tras superar con creces ao Cd Oceja na Reigosa, 5-1. Coa victoria as lucenses son terceiras, posto de promoción, a falta da disputa de 8 […]

O partido en imaxes: Meira-Valadouro (1-2)

A pasada fin de semana tivo lugar en Meira un duelo moi igualado entre os locais e a ACD Valadouro, que está a xogarse a vida na parte baixa da táboa. Ao final do choque, o conxunto que viste de amarelo superou por dous goles a un aos meirenses. Josune Bargueiras presenciou o encontro e […]

O partido en imaxes: CD Alfoz-SCD Milagrosa (3-2)

O pasado domingo celebrouse en Alfoz un gran partido entre o equipo mariñano e a SCD Milagrosa, que concluiu con victoria pola mínima dos locais e que lles serve para manterse en posición de ascenso directo. A nosa querida Sonia Paleo estivo presente no choque e, como sempre, fixo unhas grandes fotografías do choque!

Galería de imaxes: UD Xove Lago 2-0 SD Burela

A pasada fin de semana houbo derbi mariñán na Primeira Galicia, que mediu a Xove Lago e Burela no Municipal de Xove. Os tres puntos quedaron na casa, tras dous goles en escasos quince minutos (60′ e 73′). Sonia Paleo estivo presente neste choque, e autoría dela son estas fotografías!

Galería de imaxes: SD Brollón 2-3 O Incio Terra Brava

A pasada fin de semana viviuse na Pobra do Brollón un choque recheo de emoción, goles e ocasión, no que se mediron os locais co Incio. Nel, os visitantes fixeron gala da bravura seu nome (Incio Terra Brava) e conseguiron sacar tres puntos moi importantes de cara ao final de temporada no campo dos Medos.

As nosas guerreiras da fin de semana!

Xornada atípica no fútbol feminino lucense, especialmente na Segunda División Nacional. Nesta categoría, o PM Friol CD Lugo visitaba o campo do Gijón Feminino, un partido vital de cara ás expectativas de ascenso das rapazas da Reigosa. Porén, o choque foi suspendido por mor das malas condicións climatolóxicas, e semella que se disputará este domingo […]

Galería de imaxes: CD Palas – Ferreira FC

O pasado domingo foi día de partido en Palas, que mediu ao equipo local co Ferreira, vencendo 2-1 o conxunto dos Chacotes. Leti Fernández presenciou o duelo e tomou unha serie de imaxes que compoñen esta galería fotográfica!

Diario dun mercado. Episodio 100

Comezou o mes de febreiro e, por tanto, concluíu o mercado de fichaxes invernal. Un mercado que, como todos os anos, nos deixou moitos movementos, algúns máis sorprendentes que outros. Hoxe facemos unha pequena revisión dos mesmos! Para empezar, dirixímonos á Terceira División. Nela, o Racing Villalbés asinou ao fillo pródigo Diego Villares, que chega […]

Galería de imaxes: SD Becerreá 0-0 SD Brollón

A pasada fin de semana tivo lugar en Becerreá un duelo moi interesante entre os locais, a SD Becerreá, e a SD Brollón. Malia as numerosas chegadas de ambos equipos, o choque acabou co marcador co que comezara, 0-0. Aquí, as mellores imaxes do encontro, cortesía de Secundino Villaumbrales.

As nosas guerreiras da fin de semana!

A pasada fin de semana foi, en certo modo, especial para o noso fútbol feminino. Entre outras cousas, porque o equipo referente da provincia, o PM Friol-CD Lugo protagonizou un increíble choque ante o Racing de Santander (2-2) e, por se isto fose pouco, celebrouse no Anxo Carro.

Galería de imaxes: Ferreira CF 1-0 SD Monterroso «B»

Atopámonos en plena estación invernal, e resultado diso é a chegada da nosa querida lama aos campos de fútbol da provincia. Lama que quedou reflectida nestas boas imáxenes de Leti Fernández do partido entre Ferreira CF e SD Monterroso «B», que venceron os locais por un axustado 1-0 no último minuto de xogo!

Galería de imaxes: Iberia CF 1-2 SD Cervo

A pasada fin de semana tivo lugar en San Miguel de Reinante un gran derbi mariñao entre Iberia e Cervo, no que se levaron os tres puntos os visitantes!

As nosas guerreiras da fin de semana!

[themoneytizer id=»15360-28″] A pasada fin de semana retomáronse as competicións en todas as categorías, incluíndo deste xeito as ligas de fútbol feminino, nas que as nosas loitadoras comezaron o 2019 dando a cara en todos os choques. Toda a información da xornada, aquí!

Galería de imaxes: Ferreira CF 1-0 SD Becerreá

[themoneytizer id=»15360-28″] O pasado sábado disputouse en Ferreira un partido aprazado correspondente á Segunda Autonómica, que mediu aos locais coa SD Becerreá. 

Os Reis Magos do noso fútbol

Os días cinco e seis de xaneiro están marcados en todos os calendarios: a cabalgata dos Reis Magos, a tensión na noite previa á apertura dos agasallos, a ledicia e ilusión dos máis pequenos de cada casa… Porén, nestas datas cómpre tamén acordarse daqueles que teñen dificultades no seu día a día.

As nosas guerreiras da fin de semana!

[themoneytizer id=»15360-28″] A pasada fin de semana non tiveron lugar competicións de fútbol feminino. Porén, hai dúas semanas si que houbo partidos, dos que non fixemos referencia. Por tanto, hoxe xoves retomamos a costume e falamos da última xornada do 2018!

Galería de imaxes: SD Outeiro de Rei 2-0 Chantada

[themoneytizer id=»15360-28″] A pasada fin de semana, a cámara de Xabier Piñeiro estivo no campo municipal de Outeiro de Rei. Alí, foi testemuña da victoria do cadro de Cholas ante os do Sangoñedo, 2-0.

Campionato de España de seleccións autonómicas femininas

A pasada fin de semana tivo lugar en Santiago de Compostela, no Campo Municipal de Santa Isabel, un dos acontecementos máis destacados do ano, o Campionato de España de seleccións autonómicas femininas, en categoría sub-17 e sub-15.

Galería de imaxes: Iberia CF 2-1 Abadín CF

[themoneytizer id=»15360-28″] Esta fin de semana tivo lugar un interesante choque nas Valgas, que mediu aos locais, o Iberia CF co Abadín. Os tres puntos quedaron na parroquia costeira de San Miguel de Reinante, pero no partido puido pasar de todo.