O Castro ameaza a imbatibilidade da Residencia

A undécima xornada na Primeira Futgal achéganos un dos auténticos partidos da xornada entre dous conxuntos cunha historia recente moi parella. Castro e Residencia mediranse no Arturo Pereiro o domingo ás 16:30 horas coa arbitraxe do colexiado focense Ángel Ron. Chairegos e lucenses descenderon xuntos desde a Preferente na temporada 2023/2024, ámbolos dous por mor […]

O Relámpago Taboada volver gañar en liga vinte meses despois

Para lembrar a última vitoria do Relámpago Taboada hai que viaxar ao mes de marzo de 2024, cando na penúltima xornada de liga, os daquela adestrados por Diego Saborido venceran ao Bóveda. Vinte meses máis tarde, agora ás ordes de Melendo, o Relámpago volveu sorrir ao vencer na Carqueixa ao Río Sil. No grupo sur, […]

Juan Rodríguez, adestrador do Racing Villalbés

O partido trabalinguas: Zecho recibe en Vilalba a Secho e a Vecho

No argot futbolístico o adestrador do Racing Vilalbés quere seguir sendo Juan Rodríguez. Con todo, dense a súa adolescencia en Chantada é coñecido como ‘Zecho‘. Un alcume que nas últimas temporadas tamén se asentou en Vilalba, tras adestrar ao Santaballés e integrarse na estruturado Racing en diferentes cargos. A casualidade é que este alias ten […]

Norte e sur na Terceira Futgal, clasificacións semellantes logo de catro xornadas

A Terceira Futgal comezou neste curso 2025/2026 a trompicóns. Catro xornadas e xa dous paróns fixeron que a competición non tivera a continuidade desexada. Malia todo, comezando o mes de novembro, podemos facer un pequeno análise deste primeiro tramo de competición que nos deixa unhas táboas clasificatorias moi parellas en ámbolos dous grupos. Grupo norte […]

O Cabreiros busca o liderado fronte a un Alfoz invicto

A oitava xornada da Segunda Futgal déixanos un auténtico partidazo no grupo norte entre dous conxuntos que comezaron a temporada dun xeito inmellorable. O Cabreiros recibirá no campo da Cea a un Alfoz que non coñece a derrota. Será o domingo ás 16 horas coa arbitraxe de José Luis López Rodríguez. O Cabreiros é segundo […]

O Catro Roldas lidera en solitario o grupo norte

Chega o cuarto Tres en Raia Boas Mans Fisioterapia da Terceira Futgal e faino cun Catro Roldas sólido en cabeza. Os chairegos venceron ao Pol B e suman catro vitorias noutros tantos encontros. Con tres puntos menos, e con posibilidade de pleno está o Mondoñedo que aprazou o seu encontro diante do Cazás. Muimenta e […]

A previa do Castañazo é o derbi chantadino

Chantada vivirá dous fins de semana de festa. O vindeiro celébrase o mítico Castañazo Rock que xa chega á súa vixésima edición e neste para abrir boca un dos derbis máis agardados da nosa comunidade futbolística lucense. A SD Chantada e o Chantada Atlético enfróntanse o domingo ás 16:30 horas nun Sangoñedo que se vestirá […]

Corgo e Quiroga golean e seguen sen encaixar

O terceiro Tres en Raia Boas Mans Fisioterapia da temporada na Terceira Futgal déixanos a tres conxuntos igualados no liderado do grupo sur, todos eles con pleno de puntos. Corgo e Quiroga desfixéronse, cun abultado marcador, de Bóveda e Relámpago Taboada, respectivamente, e aínda non recibiron un só gol. O Rubián, que venceu pola mínima […]

Un derbi para saír da zona baixa

Cerdeiriños albergará un derbi entre dous conxuntos necesitados de puntos na Primeira Futgal. Monterroso e Taboada mídense o domingo ás 17:15 horas con tres puntos importantes en xogo. Arbitrará Álvaro Valín. O Monterroso conta con cinco puntos na clasificación, malia o seu bo comezo. Un triunfo contundente diante do Foz e un empate no Arturo […]

Rocky, do Celta Barreiros

Os seis goles de Rocky e o pleno ao quince do San Roque

Miguel Gomes Varela ‘Rocky‘ fixo historia no Celta Barreiros ao anotar seis goles en menos de media hora. Foi na Veiga do Olmo fronte ao Castroverde onde o caboverdiano fixo que os mariñáns se sitúen no pelotón de cabeza. O San Roque, no grupo sur, é líder en solitario tras vencer ao Antas nun choque […]

O Lourenzá busca sorprender ao Ribadeo no Pepe Barrera

A sexta xornada de Primeira Futgal achéganos un derbi mariñán entre o Ribadeo e o Lourenzá con moito en xogo para ámbolos conxuntos e cun aliciente especial, o enfrontamento de Yago Cruña, recente fichaxe do Ribadeo, diante do seu ex equipo os último anos. Será o domingo ás 17 horas no Pepe Barrera coa arbitraxe […]

Só catro equipos acadan o pleno ao seis

Con dúas xornadas disputadas na Terceira Futgal, son só catro equipos os que suman os seis puntos en xogo. No grupo norte, o Catro Roldas é líder en solitario tras vencer no campo do Cazás, co permiso dun Mondoñedo que non disputou o Derbi do Fiouco fronte ao Abadín por unha boa causa. O sábado […]

A Sarriana recibe ao histórico Numancia

Existen días marcados en vermello no calendario e o deste domingo é un deles. A Ribela vestirase de gala para un dos días máis agardados dunha temporada xa de por si histórica para a Sarriana. O domingo ás 17 da tarde o conxunto lucese recibirá no seu feudo ao Numancia de Soria, o gran favorito […]

Mondoñedo e Corgo comezan goleando na Terceira Futgal

Chega o primeiro Tres en Raia En Boas Mans da temporada nunha Terceira Futgal que promete ser máis parella e apaixoante ca nunca. O Mondoñedo comeza liderando o grupo norte logo de golear ao Muimenta, outro dos candidatos ao ascenso. O Cazás venceu no derbi xermadino no campo do Roupar, mentres que Rioaveso, Comercial e […]

Pol e Burela enfróntanse no único derbi provincial na Preferente

Chega o derbi provincial da Preferente, este ano o único que poderemos ver na categoría. O Pol recibe ao Burela no Municipal o domingo ás 12 horas nun encontro, malia a estar na cuarta xornada, de certa urxencia para os locais. Arbitrará o colexiado ourensán Rubén Castro Fernández. A temporada non comezou do xeito que […]

Un derbi para calibrar o comezo de Viveiro e Racing Vilalbés

O primeiro derbi provincial na Terceira RFEF xa chega na terceira xornada ligueira. Viveiro e Racing Vilalbés mediranse o domingo día 21 ás 17:30 no Kiko Rey de Cantarrana, nun choque que lle servirá a ámbolos conxuntos para calibrar un comezo de campionato que comezou de xeito dispar. O Viveiro suma tres puntos na clasificación […]

Chantada e Ribadeo, tres puntos para gañar galóns

Chantada e Ribadeo comezaron a temporada dun xeito inmellorable. Unha vitoria en cadanseu derbi comarcal propiciou que ambos os conxuntos, xa de antemán favoritos a pelexar polo ascenso, comecen na zona alta da clasificación. Nesta segunda xornada veranse as caras o domingo en horario matinal (ás 12:00 h) no Sangoñedo, coa arbitraxe de Vicente Castro […]

Un ilusionado Burela volve á Preferente recibindo ao Sigüeiro

18 de maio de 2008. A SD Burela xogaba na Marosa un intrascendente encontro diante do Boiro que remataba con empate a tres goles. Mitos do fútbol mariñán como Criss ou Diego Hermida comezaban o que sería unha longa carreira futbolística ao tempo que o conxunto burelao deixaba unha categoría á que tardaría en voltar […]

Santi (Ribadeo FC): «Seguía con gañas de xogar, non me sentía ex futbolista»

O Ribadeo afronta a temporada que está a piques de comezar en Primeira Futgal, categoría na que os mariñáns partirán co cartel de favoritos ao ascenso. Coa ansia de axudar a lograr o obxectivo retorna ao club Santi, un dos grandes baluartes da última década no cadro ribadense, logo dunha temporada lonxe dos terreos de […]