O anecdotario: «Aprender a base de paus», por Santi Real

En xeral, non me gusta ser protagonista. En particular, no campo de fútbol prefiro traballar na sombra (probablemente para agochar eivas). Porén, ás veces toca ser o foco no que están postas todas as luces. Hoxe escribo estas liñas para contar unha desas veces nas que tocou ser o centro de atención sobre o verde.

O fútbol lucense pecha a temporada 19/20

O Comité de Competición resolveu este mércores como quedan finalmente as competicións. A finalización das ligas nesta temporada é un feito. Dende hai unhas semanas, a comisión delegada da RFEF xa decidira que facer coas categorías das que ten competencia. No caso lucense, provocaba a permanencia do PM Friol, o Racing Vilalbés e o Polvorín […]

O anecdotario: As voltas da vida, por Javi Gómez

Se tiveras que escoller a dous adestradores da provincia por ser xenios e figuras, a cales escollerías? Labrada e Gayol estarían na quiniela da maioría dos amantes deste deporte (risas) Síntome un privilexiado xa que fun adestrado por ambos. Estiven as ordes de Gayol naquel SuperMuras. Instalado na Primeira Galicia, comandado polo alcalde-magnate Isaam. Compartín […]

O anecdotario: O bigote introvertido, por Daviz Comor

Unha anécdota que se poda contar…? Que se poda contar… mmm, difícil… A de ir plantar un pino antes do quecemento e «romper fibras»? mmm non…, que coa de Viusky xa chegou pa historias de WC. Tendo en conta que isto pódeno ler nenos, redúcense moito as opcións. Pero aí vai. Non recordo o ano […]

Rubén Pena: «Non hai Preferente ningunha; eu vou para Xermade»

Tanta facilidade para marcar goles, como sentimento para manterse afín a unhas cores. Rubén Pena López (Xermade, 27-03-1977) iniciouse no fútbol no colexio, coma tantos outros pícar@s. No Monte Caxado das Pontes formouse un grupo de rapaces que pasarían do fútbol sala ao fútbol campo. Arriba había un equipo que daba que falar en toda […]

O partido da xornada… CD Cospeito – SD Muimenta: o derbi xógase na casa

É un deses partidos diferentes. Un auténtico duelo entre veciños. Un encontro cuxa rivalidade habería que buscala na prehistoria. Moito antes de que chegase o fútbol. Na raíz máis fonda das rivalidades locais que, para ben ou para mal, temos por estas terras. A envidia do veciño só lle falta ser deporte olímpico. En pleno […]

Un ascenso pendente do que poda pasar

Estamos nunha situación de incerteza constante. Preocupados polo que poda pasar, pero coa obriga de mantela calma. O fútbol pasa a un segundo plano sempre. E máis aínda cando a saúde está polo medio. Iso non quita de que siga sendo un xeito de vida. Por iso, moit@s nos preguntamos que pasará agora coas competicións. […]

O Sporting Lucense ascende e o Fonsagrada perde o seu primeiro partido

Foto de portada: Mariluz Fagín O Covid – 19 marca tamén a axenda do noso fútbol. A suspensión da competición nas dúas próximas xornadas provoca parón en todas as categorías. Xusto cando a Terceira Rexional se atopa no seu tramo final. Esta suspensión pilla ao Sporting Lucense con todos os víveres. Porque xa volve ser […]

O Portomarín chega aos postos de ascenso e o Sp. Pontenova queda a un paso

Viñamos dicindo nas últimas xornadas que estaban a espera dos rivais. E foi a pasada fin de semana cando o Ferreira fallou e o Portomarín aproveitou. Tamén fallou o Sanci no grupo norte, pero non lle chegou ao Sporting Pontenova para asaltar o segundo posto. Ambos equipos están igualados a puntos. Sabemos máis detalles nos […]

O Matela entra en ascenso e o Sporting Lucense e a Mila téñeno máis preto

A SD Viveiro descansou e o Matela aproveitou para meterse na segunda praza. O Fonsagrada continúa invicto na cabeza. Hai máis igualdada no norte ca no sur, onde o Sporting Lucense e a Milagrosa seguen coa súa xeira de vitorias. De feito, se os dous gañan os seus partidos ascenderían xa esta finde. O Rubián […]

O Chantada B sae do descenso directo 8 xornadas despois

Todo se mantén igual na cabeza de cadansúa clasificación da Segunda Rexional. Porque os catro equipos situados nos postos de ascenso gañaron os seus respectivos encontros. Non obstante, semella que se reduce o número de perseguidores. Sobre todo no grupo sur, onde só o Portomarín e o Río Sil tentan seguir o ritmo. O resto […]

A SD Viveiro e o Lemos B, representantes da 3ª nas semifinais da Copa

As semifinais da Copa Deputación 2020 da 2ª e da 3ª van ter equilibrio nos equipos representantes de cada categoría. A SD Viveiro e o Lemos B pelexan por ascender a 2ª Rexional e tamén van intentar meterse na final do torneo copeiro. Deron a sorpresa nunha finde de Entroido na que o Guitiriz e […]

O Fonsagrada dá un golpe na mesa e o Relámpago mantén esperanzas

Os dous líderes coinciden en puntuación. O Fonsagrada e o Sporting Lucense encabeza a clasificación con 36 puntos en cadanseu grupo. O equipo fonsagradino sacou rendemento nun dos duelos relevantes da finde. O Celeiro e Taboada B descansaron nesta xornada. Esta finde paran todos agás a SD Viveiro, a Milagrosa e o Lemos B que […]

O San Lázaro perde 16 partidos despois; o Iberia e o Chantada B dan a sorpresa

É noticia porque se corta unha xeira case perfecta. Dezaseis encontros sen coñecela derrota na Segunda Rexional lucense implica estar máis dunha volta puntuando sempre cada fin de semana. Chegou o día de perder para o San Lázaro e foi ante o Portomarín. Aínda así, o conxunto preparado por Diego Rey mantén distancias no primeiro […]

A reestrea de Paraños e unha ocasión perdida de asaltar o liderado

Cinco partidos despois perdeu a SD Viveiro. Xusto na xornada na que se podía colocar como líder do grupo norte. O seu rival, a Comercial, entra en postos de promoción de ascenso. No sur, volveu sobresaír Anxo cun novo hat-trick para a Milagrosa. O Sporting Lucense continúa líder. No sur, só puntuaron os equipos que […]

Estreas con gol e o Cabreiros colócase en ascenso por 2ª vez na tempada

Foi na sétima xornada cando o Cabreiros permaneceu unha semana nas posicións de ascenso. Regresou esta finde ao derrotar ao Sanci. O Alfoz reencontrouse coa vitoria na estrea estelar de Xenxo. E o San Lázaro segue ao seu no sur. Aínda que esta xornada non ampliou diferenzas cos seus inmediatos perseguidores. No Paradela tamén tiveron […]

Gañan os primeiros clasificados e un Castroverde que se reencontra co triunfo

Foto de portada: Mariluz Fagín Os primeiros clasificados de cadanseu grupo da Terceira Rexional sumaron tres puntos nos seus respectivos partidos. As excepcións foron o Sporting Lucense que descansou e o Castroverde que regresou ao camiño do triunfo catro xornadas despois. Repasamos a 13ª xornada no Tres en Raia. Nos postos de ascenso directo do […]

A Candelaria ri, un porteiro goleador e un partido con dez goles

Se a “Candelaria” chora, media liga vai fóra; se a “Candelaria” ri, media liga está por vir. Tirando man do refraneiro popular e pasándolle un filtro futbolístico, as predicións dinnos que queda moito que dicir nos 13 partidos que restan na Segunda. Porque a Candelaria precisamente sorriu nunha finde na que se afasta do descenso. […]