Cantarrana despediu onte a un dos seus grandes emblemas. O capitán Aurelio disputaba o seu último encontro coa zamarra celeste. E tivo a súa merecida homenaxe. Agora chega a nosa! Falamos xa con Aurelio.
–FUTBOLINLUGO: Boas capitán! Cóntanos como foi esa sorpresa que che regalou Cantarrana.
-AURELIO: Non me esperaba que houbera nada. Era o meu último partido en Cantarrana, un campo onde xoguei tantos anos… A verdade faise raro porque sabes que non vas volver xogar nese campo. Levas toda a vida aí, é coma unha rutina… Foi superemotivo e superestrano á vez.
–FIL: Toda unha vida en celeste ben merecía esa homenaxe. Cantos anos defendiche ese escudo do Viveiro?
-A: No primeiro equipo levaba catorce, quince anos. Máis nove anos na base. Fan uns vintedous anos. Quitando seis meses que estiven no Betanzos, estiven sempre no Viveiro. Funme nunha pretemporada e en decembro xa estaba de volta.
-FIL: Imaxinamos que unha decisión así ademais de dura, será moi meditada…
-A: Todo vén polas dúas lesións que tiven este ano. Tardaba moitísimo tempo en recuperarme. Prefiro deixalo estando medianamente ben. E non empezando outro ano e que se aparece esta lesión vivir o deste ano. É duro volver a recuperarse e tentalo facer o mellor posible sen poder.
-FIL: Non te vías ao nivel que esixe unha categoría coma a Preferente?
-A: Se me garantizasen que non ía ter lesións seguramente sería capaz de manter o ritmo da Preferente. Este ano comecei ben a nivel fisico a tempada. Tiven unha rotura de fibras e empezar outra vez de cero costoume moitísimo. Foi máis ou menos onde decidín que non ía seguir xogando a este nivel. Require un esforzo que agora mesmo me custa moito dar.
-FIL: Qué che quedou por facer no Viveiro?
-A: Quédame a espiña de non lograr o ascenso á Terceira División. Sobre todo este ano e o anterior, que tiñamos equipo para ascender. As circunstancias non se deron e dificultáronnos a posibilidade de, polo menos, estar pelexando arriba. É unha pena que non se conseguira pero vano conseguirano nun breve espazo de tempo.
Quédame a espiña de non lograr o ascenso á Terceira División.
-FIL: Plantéxaste seguir ligado á entidade dalgunha maneira: adestrador, delegado…?
-A: De momento non me plantexaron nada, non sei nada. En principio supoño que non. Se me necesitasen para calquera cousa saben que poden contar conmigo sen ningún problema.
-FIL: A rumoroloxía indícanos que vas seguir xogando moi preto da casa. É así?
-A: Non sei. Teño un amigo que é adestrador no Folgueiro. Se xogo nalgún lado seguramente sexa alí con eles. Gústame xogar ao fútbol. Non teño problema en seguir xogando. Soamente necesito baixar o ritmo competitivo.
Se xogo nalgún será no Folgueiro
-FIL: Entón, a vindeira tempada Aurelio vestirá as cores do Folgueiro?
-A: Non o sei fixo pero pode ser -rise-.
Confiemos en que Aurelio siga no noso fútbol. Un dos activos máis preciados da Mariña non pode colgar as botas tan pronto!
Fotos: Facebook Viveiro C.F