#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal

Así está a carreira polo All Star Futbolinlugo na Preferente

Tan só cinco xornadas restan para o remate da temporada 2018/2019 na Preferente, e salvo o Castro que xa perdeu a categoría, todo está por decidir. Viveiro e Sarriana manteñen intactas as súas opcións de ascenso e pelexarán, incluso con enfrontamento directo, por acompañar ao As Pontes na Terceira. O Foz, liberado dos postos de descenso, pelexará no ano do seu retorno á categoría, por fuxir dos posibles arrastres, mentras que o Ribadeo, sexto na clasificación, tan só lle queda rematar a temporada co mellor sabor de boca posible, lonxe de calquer opción de ascenso e por suposto das posicións perigosas.

Tichu lidera a clasificación dos «Trío de Ases», cun punto de vantaxe sobre Poratti

E como non podería ser doutra forma, a carreira por formar parte do equipo das estrelas de cara ao «All Star Futbolinlugo» do vindeiro 29 de xuño no campo da Marosa de Burela, tamén marcha do máis emocionante. Con 33 xornadas disputadas, e a falta de pechar definitivamente o número de participantes por categoría, a clasificación está do seguinte xeito:

  1. Tichu (Viveiro): 40 puntos
  2. Poratti (Ribadeo): 39 puntos
  3. Diego Núñez (Sarriana): 36 puntos
  4. Dumi (Castro): 33 puntos
  5. Asier (Foz): 31 puntos
  6. Omar (Sarriana): 28 puntos
  7. Javicho (Ribadeo): 26 puntos
  8. Marino (Viveiro): 25 puntos
  9. Hugo Buíde (Castro): 23 puntos
  10. Xaime (Viveiro): 22 puntos
  11. Javi Fraga (Castro): 21 puntos
  12. Iban Gayol (Foz): 20 puntos

Ao remate da competición, farase o nomeamento dos seleccionados de tódalas categorías, tentando facer os equipos máis compensados posibles, atendendo aos postos ocupados por cada xogador no campo.



Así está a carreira polo All Star Futbolinlugo na Preferente

Palabra de… Ana López Cillero: «Como na

Así está a carreira polo All Star Futbolinlugo na Preferente

Dous técnicos de renome máis para o

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *