Xogadores polivalentes
No mundo do fútbol adóitase definir aos futbolistas polivalentes como aqueles capaces de rendir e cumprir en varias posicións dentro do terreo de xogo. Pero no noso fútbol hainos que levan a polivalencia fóra do campo. E que no balompé da provincia hai que saber de todo. Julio Méndez do Escairón tivo que poñerse mans a obra incluso antes de xogar. O xogador de Samos solucionou a avaría do bus camiño de Riotorto. E sen poñela funda. O cadro do Saviñao levou os tres puntos da súa visita á Veiga e é sétimo na clasificación da Primeira Rexional. O noso aplauso e recoñecemento para aqueles que saben actuar no momento límite, porlle solucións aos problemas, pero que a tarde non altere o previsto.
Ver esta publicación en Instagram
“A quen Fran?”
Foi un dos vídeos virais da semana. O Xermade continúa mantendo o nivel das súas redes sociais dende o inicio de temporada. Desta volta aproveitaron un mal pase de Fran e a voz dun seareiro para armala pola órbita. O cadro xermadino empatou esta xornada ante o Guitiriz, líder do grupo norte da Segunda Rexional. Os pupilos adestrados por Daniel Rebolo son cuartos na táboa clasificatoria, a seis puntos do ascenso directo.
A quen Fran?#EnÓrbita ⚽🚀 pic.twitter.com/TDjAjjgWKF
— CD Xermade (@CDXermade) February 21, 2019
Posado de revista
O Celta Barreiros preparouse case para unha foto de revista de moda. A ocasión ben o merecía. Despiden momentaneamente a Julián Ortega. Fano nun gran momento, despois de certificar os bos resultados cunha vitoria ante a Milagrosa. As últimas vitorias sitúan ao conxunto celeste a un punto dos postos de promoción de ascenso do grupo norte da Terceira Rexional. Quedan catro partidos por diante.
Ver esta publicación en Instagram