Un gran partido nun gran estadio
O PM Friol CD Lugo xogou o encontro ante o Racing de Santander da 16ª xornada do grupo I da Segunda División no Anxo Carro. Foi o primeiro partido que o cadro friolés xogou como local na Liga no estadio do CD Lugo. Marta e Fanny Varela foron as goleadoras dun equipo que mantén o 3º posto na clasificación. O obxectivo de ascenso á 1ªB continúa intacto.
https://twitter.com/PMFriolCDLugo/status/1089461583800164352
Viaxes entretidas
![]()
Os partidos fóra da casa sempre comezan antes. Hai que preparar todo para saír e chegar con tempo á casa do rival. E máis aínda cando estás no norte e tes que chegar ao sur. O Burela xogou o seu encontro ante o Lemos na Pinguela. No traxecto de ida os xogadores do cadro verde buscaron o mellor xeito de facer máis levadeiro o camiño. Non obstante, as esperanzas de asaltar ao líder non se cumpriron. Os locais gañaron 2-0 e continúan no máis alto da Primeira Rexional.
Camiño de Monforte xunto o @ClubLemos1923 en busca da "sorpresa". Estamos preparados. @futbolinlugo
P.D.: Non estamos ca táctica, é o tapete. pic.twitter.com/wx1LFBmJcY
— Javi Celes (@javi_celes) January 27, 2019
Solidariedade e carteis con nivel
O Mondoñedo FC xogou o primeiro partido do 2019 na súa casa. Foi ante o Goiriz ao que venceu pola mínima cun gol de Noceda. Pero o partido xa viña creando ambiente dende a previa. Por un lado, por tratarse dun duelo solidario coa entrega de produtos non perecedoiros. Por outra banda, polo estilo de carteis que dende o Facebook do Mondoñedo usan para anunciar os seus encontros. Sempre cun formato atractivo. Neste caso dous nenos con cadansúa equipación do cadro mindoniense serven de foco principal.
Dous anos de web
Futbolinlugo está de cumpreanos. Chegamos ao noso segundo aniversario dende o nacemento da nosa web (aínda que previamente xa estabamos vivos nas redes sociais). Agradecemos a tod@s @s que nos axudastes neste tempo dunha ou doutra maneira a manter viva esta aventura. Tentaremos seguir á altura.
➕ 2 🤫
📆 28/07/2017
🕐 13:00h✔️ Un soño facíase realidade. Dous anos de web, de traballo, de disfrutar e de amig@s por toda a provincia. Grazas a tod@s @s que, dun ou doutro xeito, axudades a que sexa posible. Seguimos porque….#HaiFuturoNoFútbolDeLugo https://t.co/XeyUJpyJvu
— Futbolinlugo (@futbolinlugo) January 28, 2019