#Feminino #Fútbol afeccionado #Terceira Futgal

As nosas redes falan

Unha xornada máis o noso fútbol volveu deixar a súa cara máis solidaria. A SD Burela fíxolle unha homenaxe a Alexia Fraga Casabella, unha rapaza que loita contra o Síndrome de Fires do que se contan con poucos casos en España. Todo foi antes de principiar un encontro da competición de Fútbol – 8 na que xoga o Burela Fem. O resultado foi favorable ao cadro verde que suma 13 puntos de 15 posibles e é segundo clasificado. Na mesma categoría tamén se atopa a Milagrosa B que gañou esta xornada e ocupa o sétimo posto da táboa con 8 puntos.

Tamén no fútbol feminino salientamos a última incorporación do PM Friol CD Lugo moi activa nas redes sociais. Mayra Olvera chegou hai uns días ao cadro friolés procedente do Patriotas de Boyacá (onde xogou as dúas últimas temporadas). A xogadora nada en Valencia e criada en Quevedo é internacional coa selección ecuatoriana. Reforza o centro do campo do equipo adestrado por Josito Jul, aínda que polo momento non puido debutar. O equipo encaixou a segunda derrota consecutiva fronte ao Victoria coruñés na Reigosa e atópase nestes momentos a dous puntos do cuarto posto, obxectivo principal deste curso para formar parte o ano que vén da nova 1ª B.

Despois da súa segunda xornada de parón no que vai de tempada, voltou a Terceira Galicia e fíxoo con derbi no grupo sur. O Taboada B e o Relámpago enfrontáronse nun derbi inédito en competición oficial. O resultado foi favorable ao Relámpago cun contundente 1-9 que supuxo a primeira vitoria da temporada en cinco partidos xogados. A pesar do resultado, o conxunto continúa como pechacancelas do grupo cun punto menos ca o seu rival. Outro dato curioso do encontro foi que se xogou no Castro Seoane de Antas por mor das obras da Medela.



As nosas redes falan

Destacados Primeira. Xornada 10

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *