#Cadetes #Fútbol afeccionado #Fútbol Base #Infantís #Preferente Futgal #Xuvenís

As nosas redes falan!

Comeza unha nova temporada no fútbol lucense, polo que tamén en Futbolinlugo. Entre outras moitas novidades, a clásica sección dos destacados das nosas redes cambia de data! Pasará de ser os mércores a ser os luns!

Terceira División, Preferente, Primeira Autonómica, División de Honra Xuvenil,.. xa temos en marcha un gran número de competicións, polo que cada vez é máis difícil escoller tres destacados entre todos os tweets e entradas de Facebook! Estes son os de esta semana…

  • O pasado domingo fíxose historia en Vilalba. Por primeira vez, o Estadio Roca albergou un partido de División de Honra Xuvenil!

  • Este fin de semana celebrouse nas Gándaras o IX Torneo de Verán Cidade de Lugo. Como todos os anos, foi un gran éxito, da man da organización do Sagrado Corazón! O Lugo foi o campión infantil e cadete, o Viveiro o xuvenil e o Orzán na categoría infantil feminino!



  • Por outra banda, a SD Outeiro de Rei celebrou unha comida de inicio de temporada tras o remate do seu partido de onte. Non foi con victoria, pero a confianza reina no vestiario!

As nosas redes falan!

Destacados Primeira. Xornada 1

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *