As nosas guerreiras da fin de semana

IMAXE DE PORTADA: Web PM Friol

Non puido ser. O PM Friol chegaba este domingo á Reigosa coa intención de conseguir a terceira victoria consecutiva e saír do último posto da clasificación. O seu rival, o Sporting de Gijón, perseguía os tres puntos para afastarse das lucenses, rivais directas pola permanencia. Finalmente, as asturianas superaron ás locais por 3-4.

Tal vez foi esa esixencia a que fixo que as futbolistas de ambos clubes afrontasen o choque demasiado revolucionadas. Apenas houbo control no mediocampo, o balón ía dunha área á outra constantemente… converteuse nun partido que calquer espectador neutral disfrutaría, pero no que calquer técnico botaría as mans á cabeza.

Porén, o PM Friol golpeou primeiro. En torno ao minuto 20, LP asinou o seu primeiro gol da tarde. A partires do tanto, as friolenses puideron aumentar a distancia, pero a gardamallas visitante salvou ao seu conxunto. Tal e como estaba de aberto o partido, o conxunto que gozase de máis efectividade levaría o maior premio. E así foi: dous achegamentos do Sporting no 35′ e no 40′ traducíronse no 1-2. As locais tiraron do orgullo e conseguiron o empate (de novo por medio de LP) xusto antes de chegar ao intermedio.

Tra-lo parón, as sportinguistas saíron máis agresivas e, pese a que o gol puido caer de calquer lado, foron as de Mareo as que conseguiron o 2-3 no 60′. Pouco despois, un penalti cometido a prol do Friol traduciuse no 3-3, de novo da autoría de LP. Porén, a xogadora visitante Oli sentiu envexa da nosa LP e, no 72′, asinou tamén o seu terceiro tanto da tarde, o 3-4 que xa sería definitivo.

Destacou LP por facer tres goles e levar o peso do xogo. O presidente do PM Friol, Ángel Villar, declarou para Futbolinlugo ao final do choque que «foi un mal partido e non estivemos como outras veces. Isto complicase moito.»

Así, o PM Friol non se pode permitir volver fallar, pois restan dúas xornadas decisivas. O próximo domingo visitan o campo do Atlético «B».

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza
Imagen por defecto
Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Artículos: 523

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.