#Feminino #Fútbol afeccionado

As nosas guerreiras da fin de semana

Un xoves máis, Futbolinlugo repasa toda a actualidade do fútbol feminino provincial, desde a Segunda División Nacional ata a Segunda Galicia!Comezamos precisamente pola Segunda División Nacional, na que un intratable PM Friol-CD Lugo venceu por 7-0 ao Sárdoma, nun choque no que non concederon ningunha opción ás visitantes. Este domingo, as da Reigosa terán unha proba de lume, ao enfrontarse ao Real Oviedo no Requexón.

Na Primeira Galicia, a maior alegría da xornada veu dada pola SCD Milagrosa, que conseguiu a segunda victoria da temporada -e, curiosamente, a segunda consecutiva- ao imporse or un claro 4-2 ai Victoria «B», conxunto que apenas gozou de ocasións no reformado Luis López Gorgoso. Con este resultado, a Milagrosa superou en puntos á SD Antas, que non foi quen de pasar do empate a un gol no campo de Arcadia. Porén, a igualada local produciuse nos últimos intres de xogo, polo que as rapazas de Antas volveron cun botín moito menor do merecido.

Cambiando agora á Segunda Galicia, o partido máis destacado da semana foi o derbi provincial entre Carballedo e PM Friol «B». No partido, o filial demostrou que aspira a todo nesta categoría e impúxose por 0 goles a 9, destacando a tripleta de Paula. Outro equipo da categoría, a SG Comercial, non conseguiu puntuar na casa ante un Vioño que tamén busca o salto de división.

Pola súa banda, a SD Chantada perdeu por 3-0 no campo do Silva, nun choque condicionado polo acerto de cara a gol das locais.



 

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *