#Feminino #Fútbol afeccionado

As nosas guerreiras da fin de semana!

Xornada atípica no fútbol feminino lucense, especialmente na Segunda División Nacional. Nesta categoría, o PM Friol CD Lugo visitaba o campo do Gijón Feminino, un partido vital de cara ás expectativas de ascenso das rapazas da Reigosa. Porén, o choque foi suspendido por mor das malas condicións climatolóxicas, e semella que se disputará este domingo aproveitando o parón da competición por seleccións autonómicas.

Onde si se competiu foi na Primeira Galicia… e de qué xeito! A SCD Milagrosa apisonou a outra SCD, a de Pastoriza (Arteixo, A Coruña) nunha espectacular segunda parte na que as lucenses pasaron do 1-0 en contra ao 2-5 final, grazas aos goles de Lucía Armesto, Candela Veloso, Naiara Castro e Esther Núñez por partida dobre. A SD Antas tamén venceu, neste caso por 2-1 ante o Sárdoma. O partido estivo marcado pola intensidade do xogo, pero un gol de Nuria desde 40 metros no minuto 84 inclinou o resultado en favor das locais, superando así a un rival directo pola permanencia!

Xa na Segunda Galicia, a gran sorpresa da xornada veu dada pola SG Comercial, que arañou un punto ante o galo da categoría, o PM Friol CD Lugo «B», nun derbi moi igualado de principio a fin que acabou cun empate a un gol. O Carballedo CF, pola súa banda, caeu por 2-6 frente á Unión Campestre. Porén, o choque chegou con 2-3 ao minuto 80, pero as acometidas fallidas das locais e a efectividade visitante á contra levou o marcador ata o 2-6 final. Cabe destacar que o conxunto crece a pasos axigantados!

A SD Chantada tampouco conseguiu sacar nada positivo da súa visita ao campo do Imperator, pese ao bon plantexamento das do Sangoñedo e pese a adiantarse no marcador no minuto 12, o temprano empate local e unha estratosférica actuación de Alicia Albuerne, que anotou tres goles, decantou o choque para as coruñesas, 3-1.



Xa no Fútbol-8, o Burela de Jesús Rial segue nunha gran dinámica, tras vencer 4-0 ao Orillamar un duelo no que destacou Lucía Sánchez, e a SCD Milagrosa «B» segue a escalar postos na clasificación tras a súa victoria na casa da Unión Campestre «B».

As nosas guerreiras da fin de semana!

O partido da xornada . . .

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *