#Alevíns #Benxamíns #Cadetes #Feminino #Fútbol afeccionado #Fútbol Base #Infantís #Prebenxamíns #Preferente Futgal #Primeira Futgal #Segunda Futgal #Terceira Futgal #Terceira RFEF #Veteráns #Xuvenís

As condicións da volta aos terreos de xogo

A Covid-19 chegou para quedarse, desgraciadamente. Xa fai varios meses que levamos adaptando distintas actividades das nosas vidas para pelexar contra esta dichosa enfermidade que nos merma. Unha desas actividades que cómpre seren adaptadas é o fútbol, polo que cada un de nós latexamos día si e día tamén. Onte, martes 4 de agosto do 2020, a Federación Galega colgaba na súa páxina web un protocolo de acción para poder desenvolver as competicións amateurs na 20/21.

No documento, que consta de 31 follas, recóllense as medidas que han de tomar clubes, corpos técnicos e xogadores para poder efectuar a práctica deste deporte, unha vez a Xunta de Galicia autorice os adestramentos en deportes de contacto. Velaquí un breve resumo das principais medidas enunciadas no protocolo.

Tras introducir ao lector a que clase de virus nos enfrontamos, a Futgal pasa a explicar as distintas medidas que se deben tomar á hora de estar nas instalacións deportivas: desinfectar espazos, materiais e superficies, empregar ferramentas persoais (por exemplo, botellas de auga para cada xogador), ventilar espazos común, evitar contactos cos pomos das portas, etc. ademáis de recomendar un frecuente lavado de mans.

Todos os membros dos clubes terán que empregar máscara, agás os futbolistas no momento concreto da práctica deportiva, evitar os saludos coas mans, toser no cóbado ou nun pano desbotable… de novo, a federación insta a lavar as mans frecuentemente, evitar tocarse a cara, ou facer un auto-test antes de ir ao campo para detectar posibles síntomas de Covid-19.

Non se recomenda acudir ao campo no mesmo vehículo que os compañeiros, a non ser que estes sexan convivintes, non se debe compartir bebida nin alimentos… alén de todo iso, evitarase o emprego de materiais compartidos durante a actividade. A Federación insiste no documento na importancia de que xogadores e «staff» técnico señan informados do protocolo a seguir, así como recomenda a todos os «staffs» que realicen un simulacro de adestramento previo á primeira sesión.



Ao mesmo tempo, a Federación sinala no documento como recoñecer como e cando se produciu un contaxio: mediante que superficie, en que momento exacto, en que espazo, etcétera. Podedes acceder ao Protocolo premendo aquí.  Todos os xogadores e membros do corpo técnico terán que presentar unha declaración responsable garantindo que se cumprirán estas medidas, e existe tamén un protocolo para avisar ás autoridades se hai algún «sospeitoso» de dar positivo.

Estas serán as distintas medidas hixiénicas que teremos que tomar todos os que amamos este deporte para poder practicalo entre semana e competir cada domingo. Nas vindeiras semanas, a Futgal sacará os plans competicionais da 20-21, dos que manteremos informados a través desta mesma páxina web.

 



As condicións da volta aos terreos de xogo

Diario dun mercado. Episodio 182

As condicións da volta aos terreos de xogo

Diario dun mercado. Episodio 183

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *