Todo comezou cun balón que entrou pola escadra. Sí, era o primeiro gol oficial que se marcaba na Marosa e Honorato non deixou que se fixesen teas de araña naquela portería. Xogaban contra un equipo da capital lucense, o balón caeu rexeitado e Honorato pegoulle con todo. O que veu despois xa é historia.
«Antes había só cine e fútbol», Honorato ex-xogador e ex-adestrador do Burela
Honorato, que xogaba de central, foi un dos que formou parte daqueles primeiros encontros nos que o club comezou a competir na categoría Rías Altas, o que se correspondería hoxe en día coa Primeira Rexional. «Daquela era todo físico, non había tanta técnica, non había sistemas. O fútbol era directo» subliña Honorato quen comenta como se vivía o fútbol xa por aquel entón na zona: «As entradas eran espectaculares, tanto a de Foz, como a de Xove, Viveiro ou Ribadeo. Facíase moita taquilla. E que antes había só cine e fútbol. Agora hai fútbol día e noite». Tras dúas etapas como xogador, estivo varios anos tamén como adestrador dos xuvenís e como segundo técnico. «Foron unhas épocas distintas e cada época marcou a satisfacción de facer o que me gustaba. Houbo moi boa xente aquí e dos arredores», apunta. Honorato tamén valora un aspecto que hai na actualidade e que non había antes, o da formación: «Agora hai unha base que antes non había. Está o Porto Burela con moitas categorías e iso na formación nótase. Antes formábase un rapaz só desde xuvenil».
Aquela viaxe a Valladolid na eliminatoria dos play-offs á Segunda B é o maior logro deportivo da historia do Burela
«Foi cando se construíu o Hospital da Costa e Burela aínda era do Concello de Cervo», Juan Álvarez Renda, ex-adestrador do Burela
Pola Marosa pasaron moitos míticos do noso fútbol. Algúns bautizáronse alí. Outros comezaron a forxar o seu nome. É o caso de Juan Álvarez Renda. O técnico lugués aterrou na Mariña na década dos 80, «moi xoven, con 25 ou 26 anos». Alí estivo «tres temporadas na Preferente». Recalca que na zona costeira «estaban os mellores campos» e moitos equipos «requerían adestradores titulados e daquelas eramos poucos». Unha época diferente, «na que había grande rivalidade entre os equipos veciños: Foz, Ribadeo, Xove Lago…». Choveu moito dende aquelas, posto que «foi cando se construiu o Hospital da Costa e Burela aínda pertencía ao Concello de Cervo«. Iso sí, a memoria e os recordos siguen intactos. Juan Renda fala con agarimo de «Antonio Barcia, o gran presidente que tiven». No plano dos xogadores, é incapaz de quedarse cun só: «Estaban Vilariño (o pai de Keko), que o levei recén saído do Lugo con 19 anos. Tamén Mirandés, Juan Carlos (que logo foi presidente), Oliveros (xogara no Lugo e no Pontevedra), Pepete…», sinala o veterano da saga dos Renda.
«Había xogadores que podían estar xogando en Segunda B», Burunda un dos protagonistas da época dourada
Esa época «case de branco e negro», coma a definiu Juan Renda; deu paso á cor. Á mellor época da historia da SD Burela. A etapa na que gozou da Terceira División. Por aquelas, un dos ídolos da bancada era Burunda. O técnico da base do Foz e pai do prometedor Asier. Chegou á Marosa no ano 1989. Afincouse alí durante seis das mellores campañas da entidade. De feito, di quedarse coa primeira delas: «a do ascenso a Terceira División». «O ascenso foi grandísimo, unha data histórica e un salto de calidade para o clube. Mellor que a promoción a Segunda B, que foi moi chula iso sí», engade Burunda. Él era un dos que namoraba co seu fútbol. Porén había moitos máis. Os «Rego Rey, un emblema na Mariña; Chicho, Tomás…». «Xogadores que podían estar xogando perfectamente en Segunda B», comenta. Grandes clubes tentaron pescar no porto de Burela. Burunda foi un dos que estivo a piques de caer nesas redes. «Interesárase o Lugo, do que estiven moi cerca. Máis aínda do Avilés, que era un equipo punteiro que estivo a punto de ascender a Segunda A. Viñeron a Foz buscarme e todo».
O estampado colorido deu paso ao gris. En parte porque «a economía dos clubes baixou moitísimo» según Burunda. «Antes había máis equipos da Mariña en Terceira e traíase xente de fóra. Agora moitos xogadores válidos para esa categoría, de moita calidade, non están nela» por esta circunstancia aclara o exfutbolista focego. Destes anos nos que o fútbol burelao comezou a caer fala Julio Cayón quen milita no equipo dende 1994 cando entrou con 14 anos. Xogou no primeiro equipo cando xa estaba en Preferente: «deixouse de invertir no fútbol e comezouse a apostar polo da casa. Desde que se baixou a Preferente aínda houbo un par de anos nos que se trouxo xente de fóra para tentar subir. Pero a raíz diso comezouse a apostar pola canteira», afirma Cayón quen asegura que agora o «90% do cadro de xogadores está formado por xente de Burela».
«Hai veces que tes que dar un paso atrás para dar dous cara adiante», Julio Cayón, xogador e ex-presidente do Burela
Os últimos anos non foron nada fáciles, xa non só a nivel deportivo senon a nivel de club. «Hai varios anos xa que non hai unha directiva como tal. Forono collendo unhas xestoras sempre no último momento coa intención que non desaparecese. Eu mesmo fun presidente dous anos» comenta Julio Cayón. Esta última temporada o equipo descendeu á Segunda Galicia polos arrastres de outros conxuntos da provincia de divisións superiores. Cayón afirma que foi un curso atípico no que comezaron moi mal e aínda que melloraron coa chegada de Abel ao banco na segunda volta non lles chegou. Agora toca afrontar unha nova competición que para Julio ese non é o sitio do Burela, pero «hai que veces que tes que dar un paso atrás para dous cara adiante».
Aínda así, o Burela segue representando moito para os que o viven dende dentro, á marxe da categoría na que xogue o equipo. Cayón non sabe se seguirá como xogador o vindeiro ano, o que si ten claro e que non vai deixar o Burela a súa sorte: «Para min o Burela é todo. Levo aquí dende os 14 anos, os amigos íntimos coñecinos no Burela e aínda os manteño. É mais que un equipo de fútbol, xa é como unha familia«. Unha familia que este sábado estará de festa, porque o mellor de xogar cun balón, a parte de sacar as teas de araña das porterías, é o legado que queda para toda unha vida.
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional
Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos.El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.