#Fútbol afeccionado

Ángel Fraga: «O Celta é outro mundo pero agardo retirarme con 40 anos no Villalbés»

O pasado xoves un home do noso fútbol estivo en Krasnodar. Sí, na histórica clasificación do Celta para cuartos da Europa League. Berizzo chamouno a filas aínda que finalmente foi un dos descartes do ‘Toto’. Eso sí, foi un máis. Tanto no equipo coma na festa. Falamos xa co mítico Ángel Fraga. O arqueiro chairego que debutou como titular co Villalbés con só 15 anos e que agora defende as cores do filial celtiña.

 

F: Cómo foi esa chamada de Berizzo?

A.F: Coa lesión de Rubén estaba adestrando con eles. Ao final do adestramento dixéronme que ía a Krasnodar. Eu xa me temía algo. Díxomo Berizzo persoalmente.



F: Cóntanos a túa experiencia por terras rusas. Algunha anécdota curiosa?

A.F: Foi todo moi ben, tratáronme moi ben dende o primeiro momento. Un viaxe coma calquera co filial, todos estaban moi atentos. Chegamos alí e adestramos. Había moita tensión, é outro mundo. Logo no estadio, o ambiente espectacular. Era un estadio de dez.

F: É duro o feito de sentirse o quinto porteiro do Celta?



A.F: Non, eu adestro todos os días para estar ao máximo. Estou moi contento e intento traballar para chegar a ser o primeiro porteiro.

Ángel adestrando con Sergio Álvarez. celtavigo.net

F: Algunha vez pensaches en buscar máis minutos. En reinvidacarte?

A.F: Sempre pensas en saír e buscar minutos pero son algo cabezón e gústame traballar moito para conseguir as cousas. Traballando a ver se chega a oportunidade. Eu creo que hai opcións de que poida chegar.

F: Existiron opcións de saír do Celta neste mercado invernal?

A.F: Sí. Algunha sí que existiu. Pero no inverno é complicado saír. Máis aínda para un porteiro. Decidimos quedar. Era o mellor.



Ángel na súa etapa no Rácing Villalbés

F: Volverás algún día ao noso fútbol lucense?

A.F: Esperemos que sí. Ogallá algún día. Volverei fixo. Agardo retirarme con 40 anos coma porteiro do Rácing Villalbés.

F: Dende a distancia, pensas que algún xoven canteirán pode seguir o teu mesmo camiño ou incluso melloralo?

A.F: Sí. Animo a todo o mundo. Hai chavales con moitas cualidades. Con traballo sempre se consiguen as cousas. Dos que hai agora eu creo que se Villares segue neste nivel chegará moito máis arriba. Máis lonxe.

Ángel Fraga: «O Celta é outro mundo pero agardo retirarme con 40 anos no Villalbés»

Galería de imaxes Polvorín-Sarriana (Preferente)

Ángel Fraga: «O Celta é outro mundo pero agardo retirarme con 40 anos no Villalbés»

Juan Carlos Quiroga é o novo adestrador

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *